- 
Unha luvaUnha luva Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparición da (ou das) protagonista principal. A historia de fondo é curta: paseando con tranquilidade e tempo, un día frío e con chuvia intermitente, empuñando paraugas e unha bolsa, a rúa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois… 
- 
LadanNon soa mal… ‘Ladan’. Por se alguén non se decatou, ‘Nadal’ ó revés. Un nome novo, algo así como dicir ‘prepárate e date a volta’ ante unha festa tradicional. Tampouco me soa mal a idea de dar a volta a esta festa. Non se trataría dun anti-Nadal, senón doutra cousa. A ver se aclaro… 
- 
O Nadal dicíase espiritualLogo vaticano O Nadal dicíase espiritual, ‘antes’ de ser primeiro cooptado polo comercial e logo, abducido pola súa parafernalia. Por iso mirei con curiosidade un artigo que chegou a min precisamente o día de Nadal, sobre un tema lateral co relixioso, ‘La fraternidad de Francisco’. Trátase de comentar algún aspecto da última encíclica… 
- 
Máis aló da liberdade de expresiónCita de Noam Chomsky: ‘Se non cremos na liberdade de expresión para a xente que desprezamos, non cremos en absoluto nela.’ Hoxe foi presentada unha ferramenta de apoio á liberdade de expresión. LibEx, realizada polo Grupo de Traballo sobre a liberdade de expresión. É curioso, ‘só’ é unha páxina web con referencias xurídicas… 
- 
De black friday a venres negroCaptura de pantalla da Wikipedia en Inglés. Creative Commons Attribution-ShareAlike License De black friday a venres negro Hoxe é un venres negro. Moi negro. Máis negro que o do ano pasado. E máis aínda que o do ano anterior. Non pola meteoroloxía, que parece que se vai portar ben, día claro en Ribadeo. Tampouco… 
- 
Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nósDa historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós Mirando cara atrás, a historia apunta a que os abonos pasaron a ser necesarios cando se intensificaron os cultivos, pero sobre todo cando os cultivos foron destinados a consumir lonxe de onde se producían. Nese momento, os refugallos xerados, incluído esterco e defecacións… 
- 
MedoMedo “A xente ten medo”. Unha afirmación xenérica que collo dun artigo no que un representante partidario ataca a que el di que é a postura dun goberno municipal. Naturalmente, unha postura que interpreta a través dos seus propios filtros, da súa propia postura. Chámanme a atención varias cousas en relación a unha… 
- 
Prácido díaTerraza agardando Prácido día. Saio para xestións e achégome ó parque. Baleiro, parece iluminado ex professo. As sombras das árbores contribúen a resaltar a luz que os envolve. Os ruídos omnipresentes no día a día da vila sucumben ás veces ante o piar dos paxaros. Trinos agudos dalgúns, preto, cu-cus máis lonxe.… 
- 
Se te ditan o que tes que facer, perdesSe te ditan o que tes que facer, perdes. Foi o que se me viu á cabeza hai uns días cando escoite dos contedores queimados en Ribadeo. Resulta que o primeiro que se pediu despois de que os queimaran foi cámaras de vixiancia. É dicir, reacción de control de todos. Reacción, non acción preventiva.… 
- 
EstatísticasRemato de ver a estatística. Un pouco antes das oito da mañá somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os números son moi diferentes, mesmo incluída a unidade de millón. Os datos son, naturalmente,… 

