-
O que trouxeron os reis
Onte foi a sorpresa para os nenos. Xoguetes, a pesares da crise. Para algúns, significativamente menos que outros anos. Outros, nin o notaron. Moitos, continuaron alimentando unhas reclamacións esixentes como reis da casa e da sociedade que efectivamente son. O discurso real da noite anterior xa o deixaba claro en Ribadeo, que había que loitar…
-
Cabalgata de reis 2012 en Ribadeo
Unha ligazón a fotos do evento cargadas por Ribadeo en facebook e un vídeo do paso de Gaspar (naturalmente, sen o glamour da tvg que veu facer unha visita o día de hoxe), máis un agasallo sorpresa dos amigos dos beléns: Exposto pola asociación belenista na antiga Casa Maseda, hoxe
-
Valoración das festas da patroa Ribadeo 2011
En fin, as festas chegaron ó seu fin. E xa comezaron a aparecer nalgún medio queixas, como a que apareceu na Comarca queixándose do sitio, ou no Progreso coa queixa do ruído. Por iso, tentando contribuír a mellorar as festas, ocorréuseme lanzar unha enquisa sobre o seu desenvolvemento. Fixen un esquema que espero que axudedes…
-
Comentando o día da patroa en Ribadeo. 4 Outros
Queda sempre moito que dicir das festas, comezando por aquelo de que cada un fala da feira por como lle foi nela, pero hoxe só algún pequeno apunte máis. Grupo (Voodoo Crow) tocando despois das festas – ou durante- (20110909) As festas foron ampliadas 1 día!. Ían finalizar o oito, pero finalizaron o nove. Por?…
-
Comentando o día da patroa en Ribadeo. 3 Feiral
O extremo da zona de ambulantes, en tempo de descanso (mércores ás 10 da mañá) O recinto feiral moveuse ó aparcamento, razón pola que se habilitou outro aparcamento na nova glorieta do xardín. Non estivo a cousa exenta de controversia, pero coido que en xeral non sentou mal. A pesares de todo, é unha das…
-
Comentando o día da patroa en Ribadeo. 1 A procesión
A patroa saiu en procesión como tódolos anos. Con xente, pero, se collemos a ‘cabeza’, diante da imaxe, a propia imaxe, as autoriadades e a banda, sobrepasan, como se pode ver abaixo, a xente que vai detrás, que se confunde en parte coa que pasaba no momento polas catro calles, pero só a primeira vista.…
-
Os fogos do sete, en youtube
En realidade, cousa dos 4/5 iniciais, ou así … Collidos dende a beira do matadoiro.
-
festas da patroa 2011
Co 1 de setembro, poño o díptico de festas que saíu xa á rúa hai uns días. Patronais, cara externa, con publicidade incluída. Patronais, listado de actividades Para comparación con outros anos, xa que este hai modificación de comisión, a parte de modificación de lugar, un par de ligazóns ó publicado o ano pasado: Para…
-
A Semana santa, o pregón e nova obra
Onte foi o pregón da Semana Santa. Deixo á beira os dous folletos (tríptico e cuadríptico) que dan nova dos actos da Semana deste ano en Ribadeo. O pregón foi oficiado por Mons. Alfonso Carrasco, e espero telo subido hoxe ou mañá, polo que non comentarei máis del. A continuación do pregón houbo actuación, coa…
-
Procesión en Vilaselán
As festas da Virxen en Vilaselán acadaron esta fin de semana o punto clave do 2010. Novas como esta daban o punto de actividades, e o apartar o campo da festa da beira da igrexa, de paso que alonxaba a gallaroufa do núcleo máis próximo de Vilaselán, tamén permitiía recibir a más festeiros,…