-
Maragatos en Ribadeo?

Maragatos en Ribadeo? Maragato, pato, unha zoca i un zapato. Maragato, pato, fillo dunha cincha, cando o galo canta, o maragato rincha. (Ditos recollidos de ‘Falan os de Ribadeo’) Si, maragatos en Ribadeo. Din as indicacións de sistemas modernos que Ribadeo atópase a unhas 44 horas, 200 km, andando, da capital de concello maragato…
-
Por que se chama ‘La Comarca del Eo’?
Esquema collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 O outro día, ó ensinarlle a alguén un artigo do último número de ‘La Comarca del Eo’, atopeime cunha pregunta súa, formulada máis ou menos: “E por que se chama ‘La Comarca del Eo’? Non se debería chamar mellor ‘A Mariña’”? Din unha…
-
“300 € por 8,70. Historia dunha viaxe en FEVE”, continuación
-
Este billete vale máis de 300 €. Historia dunha viaxe en FeVE
Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisión: vou en tren. Na estación, pido billete e comunícanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estación e o persoal destinado alí, pero tamén que non entendo do tema e pode…
-
Setenta e cinco euros diarios para taxi
Ferrol-Ribadeo. No mapa (este caso, Open Street Map) é difícil mesmo atopar a liña férrea… Non, non é moito. Mais é a cantidade que Renfe/Feve adica durante un ano (que xa comezou) a levar á xente en taxi no tramo galego da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Algo que se presta a varias…
-
Perigos nas Catedrais
Despois de da Mancomunidade ás Catedrais, aínda quedan preto de 300 páxinas máis a comentar do Plan Especial de As catedrais. O ultimo que ocmentei foi que recoñecía o risco da elevación do mar polo cambio climático, pero máis aínda o risco para a conservación derivado da aglomeración de xente (p.14, punto 4.6). Na mesma…
-
Funcionando como concello
Luns pasado tivo lugar unha xuntanza da mancomunidade da Mariña. E a próxima semana, haberá outra. A unión de concellos mariñás é fundamental. A ‘antiga provincia de Mondoñedo’, como non se cansan de repetir persoas como Pablo Mosquera, chama por unha consideración conxunta tanto polas súas peculiaridades como pola desatención dende a lonxana e diferente…
-
Aireando unha noticia: Ence, FeVE e a alternativa a Mirasol
-
Diferencias e normalidades
-
Ribadeo, en tren ao fútbol
Case se me escapa a iniciativa do Ribadeo F.C., e non porque vaia en tren. Coido que é un bó xeito de apoiar a continuidade da agonizante liña do tren Ferrol-Xixón. Se és afeizoado ó fútbol, seguro que valoras de xeito positivo o que se pretende. Deixo a imaxe, tomada do Facebook do equipo ribadense:
