Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Farruco Graña

  • Segundo día das Xornadas de Historia local

    Segundo día das Xornadas de Historia local

        Onte tivo lugar o segundo día das Xornadas de historia local, con catro exposicións, de Ana Cabana, David Soto, Iván Rodríguez e Anxo Martíns, presentados por Farruco Graña como presidente da A.C. Francisco Lanza, organizadora das xornadas. Deixo en baixo a parte do cartel anunciador, varias fotos e o audio das intervencións. Un momento…

  • San Silvestre Ribadeo 2022

        Onte tivo lugar una carreira emotiva e tradicional en Ribadeo, a San Silvestre. Deixo en baixo unha reportaxe gráfica, que se pode engadir a outras como a de Farruco Graña, (1, 2, 3, 4). E mentres, se queres procurar a clasificación, coa posibilidade de procurar a alguén en concreto ou unha categoría enteira: https://ccnorte.com/resultados/xxxii-san-silvestre-ribadeo-2022/san-silvestre-2010-e-anteriores/1…

  • O problema galego

    O problema galego

        Onte, da man de Farruco Graña, Presidente da A.C. Francisco Lanza de Ribadeo,  presentou Francisco Rodríguez Sánchez o seu libro A relevancia do reino galego medieval, (ISBN: 9788494965944) primeiro tomo de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, que vai xa pola súa terceira edición. Deixo abaixo o vídeo, en dúas partes (debido un…

  • Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza?

    Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza?

        Non, non me refiro ó presente, senón ó libro que mañá xoves se presentará na Casa do Viejo Pancho en Ribadeo, xusto despois de que teña lugar a concentración para a paz diante do concello. O título deste artigo, sen interrogante, é o da colección; o que se vai presentar é o primeiro tomo,…

  • O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo

      Dentro das Xornadas de Historia Local 2020 organizadas pola Asoc. Cultural Francisco Lanza de Ribadeo, o 21 de agosto no auditorio de Cabanela tivo lugar a charla O que ten nome existe: toponimia da historia de Ribadeo, impartida por Rocío Dourado Fernández e presentada por Farruco Graña. Deixo en baixo a ligazón gravación que…

  • Volvendo sobre os discursos na investidura como cronista oficial

    Embaixo deixo os discursos do novo cronista oficial, Eduardo Gutiérrez (‘Lalo Ventura’) e a presentación de Farruco Graña. Ambos poideron lerse xa na Comarca, mais coido que son unha testemuña relevante para Ribadeo, e aquí quedan reproducidos. Discurso de Farruco Graña: “ Señor Alcalde, D. Fernando Suárez Barcia, prezado D. Eduardo Gutiérrez Fernández, señoras e…

  • Eduardo Gutiérrez

    Entérome hoxe polo xornal que onte foi o acto de nomeamento de Eduardo Gutiérrez como cronista oficial. Remato de facer a actualización correspondente na súa entrada da Galipedia. Quixera ter estado presente, mais non me enterei, polo que non podo dar outras referencias da harla da súa recepción ou de calquera outro punto do desenvolvemento…

  • Proposta de cronista oficial

    Onte pedinlle a Farruco Graña e pasoume o informe presentado ó pleno polo que se propoñía a Eduardo Gutiérrez Cronista oficial, a peza que faltaba no post anterior. Aquí vai: “Xosé Farruco GRAÑA RAMA, concelleiro delegado de Cultura, de conformidade coa resolución de alcaldía de data 29/04/2016, nomeado instrutor así como responsábel da tramitación do…

  • Cronista oficial, Lalo Gutiérrez

    Só unhas verbas para lembrar o que xa se sabía con anterioridade: luns foi elixido Eduardo Gutiérrez, por unanimidade e tras a defensa de Farruco Graña, como Cronista oficial, cargo honorífico que foi establecido en 2005 e polo momento non fora ocupado. Será investido como tal en pleno próximo. Renovarei a entrada cando consiga algo…

  • Coñeces a Xosé Otero Canto?

    Posiblemente non. Xosé Otero Canto saltou á palestra en Ribadeo cando hai algo máis de 10 días (10 de maio) apareceu ‘o anuncio’ no Boletín Oficial da Provincia para vender o seu poemario sobre As Catedrais, editado polo concello, ó prezo de 5,60 €/unidade. A cousa é que ese prezo non é para compradores finais,…