Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: estatísticas

  • Metaenquisa 2016

    Antonte, o día da entrada do verán, caeu nas miñas mans un gráfico da Voz presentando diversos resultados de varias enquisas para os catro grupos que obtiveron máis votos nas xerais de 26D.  Chamoume a atención por varios motivos, por exemplo, que consideraran a todas as entidades enquisadoras ó mesmo nivel (cando as enquisas non…

  • Irmandiños, Ribadeo

    Vai ser a xuntanza anual da cooperativa Os Irmandiños, e a conto dela os medios teñen recibido información  previa, que difunden. A cooperativa é tratada como un referente do cooperativismo en Galicia, algo que, co permiso de Coren, coido que ten algo de realidade. Nada diso aparece na web da cooperativa, que é totalmente comercial…

  • Resultados da enquisa para o 26J

    Cerrada a entrada de datos, 39 participantes na enquisa para o 26J. Se imos a considerar a proporcionalidade, en relación a España as enquisas terían que ser de abondo máis de 100 000 persoas para gardar a proporción, co que, nese sentido, conseguiuse unha participación elevada. Aínda así, por representación estatística e outros detalles non…

  • Previsións de voto

    Pouco a pouco a enquisa vai animándose. Deixo a captura de pantalla de agora mesmo sobre o que cre a xente que será a opción maioritaria elixida en Ribadeo o 26J: Ti xa votaches? https://docs.google.com/forms/d/1yJJwgKXnskFacYUud9WaZpKfkfZRtU3uR81dpq6uFXk/viewform (entrada orixinal, explicativa: http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/06/enquisa-para-o-26j-en-ribadeo.html)

  • Anímaste? Que vas votar o 26J en Ribadeo?

    Despois da entrada de onte, xa comezou a funcionar a enquisa, e van 15 persoas que depositaron a súa opción. De aquí a xoves continuará aumentando ata (espero) ter un número significativo  de persoas e poder facer unha estatística con algo de sentido. Veremos. Ti xa participaches?

  • Enquisa para o 26J en Ribadeo – Eleccións xerais 2016

    Votas en Ribadeo? Remato de ver o resultado da última enquisa de Metroscopía a unha semana da campaña electoral. E, por que non facer unha enquisa en Ribadeo? Pois aquí está. Para cubrila: Enquisa Ribadeo 26J (onde tamén podes ver os resultados actualizados) E aquí, podes ver unha táboa de resultados que se vai actualizando…

  • Abrindo o coñecemento: contas de Ribadeo

    Hai tempo recibo información sobre os movementos de OKFN.es, Un grupo activista con obxectivo de apertura do coñecemento, en particular a traverso da apertura, transparencia e liberdade de datos. É a traverso deste grupo que chego a unha iniciativa que ven de hai tempo pero que foi mellorando ata a actualidade, gobierto. Iniciativa que na…

  • Estatísticas do blog

    Cando faltan algo menos de tres horas para rematar o mes, miro as estatísticas do blogue: 2 631 páxinas vistas en Ribadeando. Iso fai… unhas 85 visitas diarias. Non está mal para un blogue de ámbito (territorial, temático, …) abondo limitado coma este. Que, con altibaixos, está tendo agora un número de visitas diario dos…

  • Do paro e outras estatísticas

    Nos primeiros días do mes coñécense as estatísticas do paro. En Galicia é cousa deste śeculo. E no blogue levo varios apuntes, o último, hai un mes e algo sobre as estatísticas do paro. Cos novos datos, a cousa queda como se ve a continuación, e considero que o que dixen sobre a evolución do…

  • E ti, sabes como se administra Ribadeo? Un caso: gasto en limpeza

    Faigome a pregunta de xeito recurrente. Cada pouco hai novas, feitos… que a desencadean. Sabes como se administra Ribadeo? Como se toman as decisións, quen as toma, en base a que, os recursos que implican, de onde se obteñen? E evidente que non podemos saber de todo. Pero se queremos vivir e exercer unha democracia…