Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: estatísticas

  • Sobrepasamos a China

    Remato de velo. Hoxe, 30 de marzo, sobrepasamos a China en número total de infectados despois de tela duplicado xa onte en número de mortos. A este paso, é posible que cheguemos a adiantar a Italia en contaxiados en cousa dunha semana, pero a cousa non está clara, pois tamén aquí está comezando a diminuír…

  • Electores no concello de Ribadeo

    Despois de ter observado no taboeiro de anuncios en diversas ocasións a notificación do censo electoral do concello, por primeira vez que eu vira dita notificación oficial mensual aparece na web do concello, no lugar da sede electrónica, poucos meses antes de que apareza unha determinación que pode facer variar os resultados das eleccións municipais:…

  • Lembrando o inverno

    Paso por Meteogalicia unha vez máis para recoller datos, e constato de que, a piques de entrar na primavera (este ano, o día 20), as previsións de frío para eta semana non chegan nin de lonxe ós números baixo cero que chegou a haber hai pouco menos dun mes (día 23 de febreiro, gráfica abaixo),…

  • Trasvase de poboación

    Do interior á costa. De Mondoñedo a Ribadeo. Negocios que se veñen, e con eles, actividade e poboación. Pasou coa Alianza, pastelería que veu tomar o testigo da antiga Eijo. E agora o Montero. Non son casos iguais, pero tampouco neste caso é unha sucursal que dependa da ‘casa central’ en Mondoñedo, senón un negocio…

  • A pel vilega de Ribadeo

    Dende hai tempo, en todo o mundo, vnese producindo unha transformación cara a urbanización. En Ribadeo podemos dispor de gráficos de case os últimos vinte anos dun xeito sinxelo, recollendo datos no Instituto Nacional de estatística. É pois doado observar que en 17 anos a vila aumentou 2000 habitantes, mentres o concello só o fixo…

  • O próximo consistorio ribadense voltará ter 13 concelleiros

    Nas eleccións de 2015, o salón de plenos de Ribadeo tivo que reformarse para dar acolida a 17 electos. Nas próximas eleccións poderá volver á antiga disposición, segundo a evolución demográfica segundo os datos do instituto galego de estatística. A falta aínda dun ano de datos, á vista da demografía ribadense, é o máis probable.…

  • Resume duns cantos anos de Ribadeando

    Un resume (numérico) do que leva sido o blog dende o comezo -en entradas- e dende 0 2012 -en visitas – Só un par de consideracións e outro par de explicacións: *o primeiro ano o blog só existiu menos da metade do mesmo. *o número de visitas é dun contador en particular. Outros contadores, de…

  • Resumindo

    Co ano rematado, é costume facer revisións diversas. Comezando por unha das que soo facer nestas datas, as novas do concello, o resume e comparativa anuais son estas: 1.Gráfico de novas do concello por ano, mais limitado ós anos nos que xa foi normal o seuuso. Así, pódese ver que hai unha tendencia ó aumento…

  • Estatísticas do Ribadeo F. C. na liga 2017/18

    A pasada liga, á vista de que na web do Ribadeo FC non había diagramas con puntuacion ou goles, fixen algún post sobre o comportamento do equipo, avisando de que como non son afeccionado, sería algo esporádico mentres os datos non estiveran na súa web. A cousa segue igual, mais a reivindicación do ferrocarril da…

  • Os goles do Ribadeo F.C., penúltima xornada

    Está a piques de rematar a liga. Hai un par de semanas fixera varios resumes sobre goles e puntuación do Ribadeo F.C. (1, 2, 3) animando a que dende o club (ou un aficionado, que saberá máis ca min) se fixera de xeito sistemático. Como polo momento non colleu ninguén o testigo, e para non…