Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: estatísticas

  • Demografía

    Demografía     Esta tempada pasada teñen xurdido comentarios na bisbarra da Mariña de Lugo sobre a incidencia da pandemia no asentamento da poboación, con movementos que virían afectar a un aumento de residentes censados en Barreiros, Foz ou Ribadeo. A falta de confirmación das cifras, os argumentos son claros: onde se vive mellor e máis…

  • Electores en Ribadeo (II)

    Como xa avisara en ‘Electores en Ribadeo‘, dinlle unha pequena volta na procura de máis datos e máis indicacións. O resultado, a serie de datos oficial dende xaneiro de 2002, (ata agosto, un mes máis que a táboa colgada na web do concello nestes momentos), case 230 datos que compuxen en tres gráficos diferentes: O…

  • Electores en Ribadeo

    A raíz do confinamento transmitiuse por Ribadeo de boca a orella que aumentaran os empadronamentos de xeito significativo. Por casualidade, puiden enterarme de fonte fiable e recibín un desmentido, refusando poñer nada no blog entón. Mais, mirando o tema da convocatoria do pleno que se celebrou onte, xoves 24 de setembro, atopei un documento relacionado…

  • O medo e os números. Iso da prevalencia?

    Mapa con coronavirus, a partir de 2 imaxes, https://www.openstreetmap.org/ e https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/96/Corona_Virus_LifeCycle-InfiniteLoops.gif     Onte causou impacto -diría que para moitos, demoledor, e para algúns, necesario- a divulgación dos resultados dos test de prevalencia. É dicir, da porcentaxe de xente que está na actualidade ‘inmunizada fronte ó COVID-19’ en España.    Voltando ó inciso anterior, demoledor para…

  • Por primeir vez baixa o número de casos activos en España

    Si, iso din as estatísticas, por pouco fiables que sexan, e por coxuntutral que se poda tomar (1 único día de tendencia). Estou collendo números dun sitio de seguemento internacional, worldometers , aínda que iso, fallando as estatísticas literalmente en todos os países, poda indicar pouco. O caso é que a gráfica así o indica:…

  • Estatísticas do Coronavirus en Galicia ó longo do tempo

    Hai xa tempo que José Antonio Carpente Sardiña sabe de estatística. Por iso, ó pouco de dispoñer de datos da pandemia foi actualizando día a día as táboas e as gráficas, amosando a evolución de Galicia e de España. Non é o único, pero coido que é reseñable tanto pola referencia a Galicia como entidade…

  • Apartándonos de zona de máximos

       Domingo de Pascua en Ribadeo. Nubrado, temperatura suave, sen vento… As noticias melloran dentro da gravidade: onte volveu baixar o número de novos contaxios detectados, de xeito que as cifras de novas infeccións sitúanse tan só no décimo posto da tempada. Sabemos que as novas deteccións dependen do número de test pasados, e non…

  • Mentiras da China

    Descubrir mentiras sempre é un paso adiante. Cara á verdade, si. Pero ás veces podémolo ver como un paso atrás polo que nos fai sentir. Dende a inocencia perdida dos nenos que se decatan da inexistencia dos Reis (Magos) coa confusión correspondente, en diante… Mais en xeral os sentimentos asociados ó descubrimento das mentiras son…

  • Sobrepasamos a China

    Remato de velo. Hoxe, 30 de marzo, sobrepasamos a China en número total de infectados despois de tela duplicado xa onte en número de mortos. A este paso, é posible que cheguemos a adiantar a Italia en contaxiados en cousa dunha semana, pero a cousa non está clara, pois tamén aquí está comezando a diminuír…

  • Electores no concello de Ribadeo

    Despois de ter observado no taboeiro de anuncios en diversas ocasións a notificación do censo electoral do concello, por primeira vez que eu vira dita notificación oficial mensual aparece na web do concello, no lugar da sede electrónica, poucos meses antes de que apareza unha determinación que pode facer variar os resultados das eleccións municipais:…