-
Para ver as aves na ría
Remato de atoparme nas redes a nova que publicou hai dous anos e medio o blog Ría de Ribadeo. Trátase da posta a disposición de todo internauta do plano-guía para observar aves na ría de Ribadeo (aquí, o post no blog de Enrique Sampedro), e coido que non está de máis o tentar darlle un…
-
Coñeces os espazos naturais protexidos de Ribadeo?
Está ben que se usen como atractivo turístico, mentres non resulten danados. Pero para mantelos así, os ribadenses necesitamos coñecelos tamén, para poder aprezalos nós en primeiro lugar. O pasado día 5 de febreiro foi o día dos humedais, pero en xeral pouco deu que falar nunha terra onde teñen a súa importancia, e non…
-
Facendo propaganda de Ribadeo
Comeza xa Fitur. Por alí se pasará diferente xente de Ribadeo. Como preparativo, sae hoxe no xornal a concesión da Q de calidade ó Hotel O Cabazo. E días antes, a páxina/iniciativa Ribadeo Birding anunciou a súa candidatura ós premios afiprodel, votables en internet (coma quen di, xa sabedes), algo que foi apoiado por unha…
-
A Ribadeo, pola patroa
Hoxe foi a xornada de avistamento de aves co gallo do día dos humedais. Esta mañá, un autobús de Eocar ás ordes de Enrique Sampedro deu a volta á ría parando en sitios con posibilidades para ver aves. E vímolas. No fondo da Liñeira, na praia de Salías, no puntal de Castropol, e no mirador…
-
A ría de Ribadeo, unha vez mais, e outra, e outra, …
Hai oito días que Enrique Sampedro publicou no seu blog sobre o estado da ría de Ribadeo. Tamén se viu publicado noutros medios, mesmo con algunha anécdota. Ó ver o artigo na Comarca, hoxe ligo a súa entrada a modo de reflexión, unha vez máis, sobre a ría. – Outro estado anterior da ría de…
-
Móvese Ribadeo
Ás veces, toca dicir sinxelamente iso: móvese. Ribadeo móvese. Comezaba a fin de semana coa petición do alcalde á Xunta dunha xuntanza con motivo do algo máis dun ano pasado de que que O Tesón enviou a Madrid a petición do retorno xulgado perdido hai xa máis de 50 anos. Quizáis tamén contriuiu á lembranza…
-
Que non se esqueza: é unha riqueza
A ría de Ribadeo é fonte de paz, é asemade lugar que facilita o comercio. É un atractivo turístico. É moitas cousas. Entre elas, un lugar de paso de aves e invernada. Hai dúas semanas unha pequena nova daba fe da contabilidade de aves na ría de Ribadeo, feita polo goberno do Principado de Asturias…