Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: eleccións 2011

  • # 290 Spanishrevolution, con 500 000 acampados, e subindo

    Un mapa… e máis cousas que van xurdindo, por exemplo un 3D virtual, ou unha foto que pode resultar histórica. Teño preparadas entradas xa para mañá e pasado. Quedarán obsoletas antes mesmo de cargalas? Outros sobrespanishrevolution / movemento do 15 de maio, no blog: Tahrir, Sol e historia de Ribadeo Paréntese antes das eleccións Oito…

  • Tahrir, Sol e historia de Ribadeo

    Mensaxe en Twitter: Has Spain their Tahrir Place? Resposta: No, we have our ‘Sun gate’ A percepción do que sucedeu na praza Tahrir con toda seguridade terá matices diferentes para un exipcio e para calquera de nós. Do mesmo xeito, cualificar de Tahrir ó que está sucedendo na Porta do Sol coido que non é…

  • Paréntese antes das eleccións

    Xoves, venres, sábado, eleccións! Mentres as eleccións seguen por camiños máis ou menos previsibles en Ribadeo, recuncan temas como a escollera nas Figueiras (algo que xa se barrunta dende hai anos) ou algo máis lonxe, un tema novo xorde cada vez con máis forza: nin a choiva nin a poli son quen de desindignar a…

  • Haberá autobuses para ir votar… curiosidades das primeiras eleccións municipais en democracia

    Estas eleccións acudín por curiosidade ás ‘Comarcas’ correspondentes ás eleccións municipais en democracia, e pasoume Pancho Campos algunha información máis. Irei sacando algunha cousa, pero persoalmente impactoume o que atopei sobre as primeiras, 3 de abril de 1979. Lembro que é ampliable cada imaxe premendo co rato sobre ela. Neste caso, é necesario o facelo…

  • 8 propostas e unha alternativa

    Xuntei nun único lugar as catro propostas electorais deste 2011 en Ribadeo cos programas do 2007, e aí están, en publicado en Ribadeo, dispostos para a súa comparación, se alguén quere. [unha nota: algún escaneo pasado non saiu moi ben, se alguén pode subministrar mellores imaxes…] Claro que, con movementos como o de onte en…

  • De novo, unha vez recuperado o servizo, unha reflexión rápida (e bruta)

    Parece que isto se manén estable alomenos uns minutos…vai logo Onte non houbo debate. Cabe preguntarse pola influenza que tería en caso de terse celebrado. Hai poucos días deixei reflectida nunha entrada nova de que a campaña pode influír nun 15%. E un debate? En canto pode influír? Non é unha influenza asemade o acordo…

  • Ah, pero, comezaron as eleccións?

    Non é que comezaran as eleccións pero estamos xa en campaña electoral. É posible que moita xente non se decate, porque hoxe o período electoral exténdese máis aló, moito más, do que a campaña permite. Nese sentido, as eleccións comezaron hai tempo, abondo, e o que se está a vivir agora é un período no…

  • Prognóstico e máis verbas

    Hoxe sae na prensa un prognóstico que me pediron para as eleccións municipais en Ribadeo 2011. Foi 5 para BNG, 4-5 para PP, 3-2 PSOE e 1 UPRi, pero coido que o máis importante do tema non foi iso, o dar un prognóstico segundo unha visión persoal, senón enterarme de que polo visto, o dar…