Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: eleccións 2011

  • Propaganda de UPRi no 2011

    Seguindo co xa publicado en publicado en Ribadeo… http://issuu.com/agremon/docs/upri_2011

  • Os cambios de normas electorais e Ribadeo

    Ribadeo hai pouco que pasou de 10 000 habitantes. En principio, segundo a normativa actual, pasaría de ter 13 concelleiros a 17 nas próximas eleccións. Agora, coa perspectiva dunha nova normativa, pode quedarse en 5. Voltando sobre as eleccións 2011, cabe facer un pequeno cálculo de que pasaría en ambos casos, cos votos que tivo…

  • Primeiro pleno ordinario do novo mandato

    Distribución no salón de plenos no mandato 2011/2015 (a falta de intervención) Onte, luns 2º de mes ás oito, como habitualmente está establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporación ribadense. Significou unha variación sobre os plenos anteriores, ó poñer a análise dos decretos da alcaldía (pagos varios) ó final, xunto con Rogos…

  • Un novo alcalde de Ribadeo, vídeo

    Votación, toma de posesión e discurso de Fernando Suárez onte, na súa segunda investidura como alcalde. Interesante.

  • La vida sigue igual …

    Non hai cambios. Así o decidiu a executiva do PSOE en Ribadeo. Todo seguirá igual que no tempo anterior, que levou ó PSOE ribadense de 4 a 3 e agora a 1 concelleiro. Así falan nos medios hoxe, de continuidade. E de autocrítica, aínda que o que aparece nos xornais non sexa tal. A refundación…

  • Unha idea de O Tesón. Comunicado

    AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20110528 Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e…

  • Pospolítica como política postelectoral

    Unha vez que falan os números, as consideracións políticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificacións como en temas, pasando tamén por actitude. A nivel local ou nivel estatal e máis aló. Non importa. Estamos ante unha pospolítica, pois a ‘política’ en si, a xusto anterior, xa non serían as relacións e actividades de goberno,…

  • Distribución de votos nas parroquias

    Antes de nada unha nota: Os números que me pasaron non coinciden cos provisionais, por pequenas diferenzas, no BNG e na UPRi. Como as diferenzas non son representativas, faigo o gráfico con istes datos detallados. A táboa manifesta que o BNG ganou en tódalas mesas exepto na A do cine-teatro, que foi para o PP.…

  • Flecos electorais e lista de concelleiros electos

    Despois dunhas eleccións, sempre queda o facer xogo cos números resultantes. Segundo as táboas xa postas, a maioría absoluta do BNG vese respaldada por 93 votos extra: con 2596 votos perdería o 7º concelleiro en favor de UPRi. Dun xeito alternativo, tamén o perdería se estoutra formación obtivera só 28 votos máis, 769. A lembrar…

  • Non sei o que fixeches, pero sei o que contribuíches a facer

    Aquí, en Galicia e en España. Desastre do PSOE. Na veciña Asturias, a pesares da irrupción de Cascos na contienda. Di a prensa que victoria do PP; coido que máis ben, derrota do PSOE. Mentras, o movemento 15 de maio polo momento lembra que está vivo, e non se move. A cousa continuará. Co teu…