-
Unha de indianos. Por Eduardo Gutiérrez
(Texto publicado en A Gaceta Ribadense o 10 de xullo de 2015, p. 3) Unha de indianos As idealizacións e as mistificacións que acompañan moitas veces os fenómenos de todo tipo, e desde logo a historia, tamén forman parte do fenómeno indiano, cuxos contornos son moitas veces neboentos, xa sen entrar a considerar algunhas aportacións…
-
Proposta de cronista oficial
Onte pedinlle a Farruco Graña e pasoume o informe presentado ó pleno polo que se propoñía a Eduardo Gutiérrez Cronista oficial, a peza que faltaba no post anterior. Aquí vai: “Xosé Farruco GRAÑA RAMA, concelleiro delegado de Cultura, de conformidade coa resolución de alcaldía de data 29/04/2016, nomeado instrutor así como responsábel da tramitación do…
-
Cronista oficial, Lalo Gutiérrez
Só unhas verbas para lembrar o que xa se sabía con anterioridade: luns foi elixido Eduardo Gutiérrez, por unanimidade e tras a defensa de Farruco Graña, como Cronista oficial, cargo honorífico que foi establecido en 2005 e polo momento non fora ocupado. Será investido como tal en pleno próximo. Renovarei a entrada cando consiga algo…
-
Exercicio de comparación sobre os plenos
Vin onte martes a prensa e despois a nota do concello sobre os plenos de luns. E entón, ocorréuseme facer hoxe esta proposta no blog: poñer a nota de prensa do concello e propoñer a súa comparación co que hoxe mércores saia nos xornais. E así o estou a facer, engadindo só unha imaxe allea…
-
Difundindo o goberno de Ribadeo
Onte, 26 de maio, apareceu na web do concello, con catro días de antelación, a convocatoria do próximo pleno, que será o luns 30. En realidade, dos dous próximos plenos, pois haberá un ordinario e un extraordinario o mesmo día. Un conxunto que non lembro que ocorrera ata agora. Estamos de noraboa. A nota de…
-
Sobre unha enquisa para as municipais de Ribadeo 2015
Atópome no ‘Mariña actual’ de xaneiro unha enquisa de cara ás municipais. Exténdese por varios concellos, e desgta, trae o correspondente a Ribadeo. A súa ficha di que foi telefónica, con 200 enquisas (1 persoa de cada 50, vamos) a maiores de 18 anos, polietápica e aleatoria con cotas por idade, xénero e situación laboral,…
-
Sen novidade na política ribadense (III)
Hoxe tampouco houbo novidade sobre o PSOE. Nas últimas eleccións municipais acadou a súa propia marca – chan de votos en Ribadeo, situándose ademáis na cola de entre as candidaturas, despois de ter ocupado a alcaldía dous mandatos antes. O logro foi debido a circunstancias que inclúen o liderazgo anterior e unha lista nova na…
-
Lendo actas de plenos da corporación ribadense
Hoxe vin que estaba publicada xa a penúltima acta de pleno do concello, correspondente a xaneiro (curioso, cando aínda non o está a de xaneiro do ano pasado -a parte de non saber que estivera aprobada xa, sin ter un aviso en sentido de borrador-), e comecei a leea. Atópase na segunda páxina, punto primeiro…
-
A honra de Ribadeo
A honra dun pobo é a dos seus cidadáns. Onte domingo tivo lugar o recoñecemento (din concesión, pero coido que é mellor a verba que eu uso) de fillos adoptivos e fillo predilecto respectivamente a José Calavera Ruiz, John Rutherford e Víctor Moro Rodríguez. Moito para resumir nun acto diverso que sumou…
-
20120710 pleno
Correspondente coa entrada de aviso do pleno, onte celebrouse unha sesión que voltou a non ser curta, pois cara ás dez e media remataban a terceira moción, e despois delas aínda quedaba o apartado de rogos e preguntas, na que faltou unha concelleira do equipo de goberno e na que houbo no momento de máxima…