Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.314 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Resulta curioso, o da familia real

    Levamos xa un día enteiro en shock coa familia /macro/mini/ real. Anúnciase unha especie de ‘ERE‘ cando máis beneficios obtén, aínda que sexa por métodos pouco ortodoxos, ó igual que outras moitas empresas. Por eso da empresa familiar e a iconografía, resulta chocante, e contrasta máis co punto actual doutros millóns de ‘empresas familiares’, que…

  • Nunha semana rara, unha carpa no parque

    Esta semana é rara. Tamén en Ribadeo. Mercado de Nadal toda a semana. Hoxe trae a prensa que mediante unha suba das taxas de ocupación de posto a 100 € (30 expositores) e o logro dunha axuda da Deputación de 5 000 €, o concello só ten que poñer 2 000 €. De aí, un…

  • O desemprego xeral e da xente nova, unha comparativa mundial

    Nesta ligazón.

  • Unha semana e un día

    Podemos comezr a contar. Hoxe cúmprese unha semana e un día das votacións, e isto comeza a parecerse a unha pena, antes de entrar o novo goberno. Non só é que no último consello de ministros se indultara a un financieiro tramposo, dando un paso máis cara ó desprestixio do PSOE, a quen as letras…

  • A sociedade do coñecemento: sobre o coñecer para poder opinar e dicidir

    Onte, X. Álvarez Corbacho ofrecía no xornal un artigo no que expoñía un feito que se ven producindo longo tempo: a transferencia de cartos entre empresas e administración é favorable ás empresas. É un pouco farragoso non a base de números, que non ten, senón a base de enumeracións administrativas e legais, pero o resultado…

  • Propaganda electoral

    Remato de recibir onte a primeira remesa de propaganda electoral: sobre de PP e BNG para toda a familia. Máis invitación ao mítin do BNG que terá lugar hoxe, con carteliño e foto do grupo municipal incluída. Non boto contas da cantidade de papel malgastado ou cartos de custe. Desto último circularán por aí os…

  • Un vídeo

    é certo, as xornadas preelectorais inflúen. Por exemplo, no blog, estánnme facendo prestar máis atención a temas xerais que particulares de Ribadeo, os que se ven submetidos, como na realidade, a máis constriccións. Neste caso, o causante é un vídeo. En inglés, con subtítulos en castelán, 4 minutos 3/4, resulta curioso por estes pagos. Xulgade:…

  • Valoracións

    Onte mesmo recibín un correo amigo que me informaba de que, consultando en internet, vira que unha páxina adicada a esas cousas establecera o valor de ribadeando en 1 500 $. Picoume a curiosidad, e vía buscador, atopei varias páxinas de consulta. Os resultados foron do máis diverso (nunca demasiado grande o valor, comezando en…

  • Eleccións? Si, pero a vida segue

    Comezo de pegadas de carteis. Aínda non saín da casa esta mañá, pero nalgún lugar mos atoparei. A nova en Ribadeo non é unha campaña para o 20N que comezou xa hai moito (de feito, aínda continúan expostos algúns carteis da campaña anterior en lugares ben visibles), senón cousas máis mundanas, máis do día ó…

  • O camiño que non tomamos

    Outras alternativas son posibles. Que deixen poñelas en práctica dun xeito doado, é outra cousa. Con dous días de retraso lin no El País “Islandia, el camino que no tomamos“, do amigo Paul Krugman. Comparacións económicas e a posibilidade dun modelo diferente. Non moito novo, ó tempo que mantén viva a posibilidade non tanto de…