Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.391 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Apertura, cartos, servicio público. O comercio en Ribadeo.

       Dende xente que preparou para abrir a xente que declara que non abre ata que cheguen os asturianos, porque non compensa. Pasando polos que necesitan adecuar o negocio e tempo para facelo… múltiples casuísticas que non dependen só do tipo de negocio, senón da orientación, pero tamén da mentalidade do empresario e consideración ós…

  • O PATRIMONIO GALEGO, UN BEN COMÚN DESPREZADO. Pancho Campos Dorado

       É difícil de entender como é posible que por sacar 50 Tm de madeira de eucalipto que se vende pola miserable cantidade de 1000 €, cando mellor prezo, esteamos destruíndo xacementos arqueolóxicos que son bens patrimoniais da Galiza de inapreciable valor, bens que nunca máis poderán ser recuperados.    Mámoas ou medoñas, túmulos funerarios…

  • Alcoa sálvase soa

       ‘Alcoa sálvase soa. O que hai que salvar é o tecido industrial da Mariña. Postos de traballo mellor remunerados que os da hostalería.’    O anterior é o comezo do comentario dun amigo. Pola miña parte, considereino unha continuación de “Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto”, un tema que daría para un libro…

  • Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto

       Alcoa, no corazón da Mariña, está estes días tamén na cabeza dos mariñáns. Sen ir máis lonxe, mañá mesmo, domingo 31 de maio, terá lugar unha concentración en Ribadeo co lema ‘Alcoa non se pecha’.    Era o 1998 cando unha industria pública española se vendeu ó sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo…

  • As terrazas en Ribadeo na época de transicón polo coronavirus

    Remata de ser difundido o decreto da alcaldía. E, mellor que comentalo, lelo directamente. Aí vai: O comentario da alcaldía.

  • Lembrando cousas do mercado de Ribadeo: 2008/2009

    A conta da reapertura do mercado hoxe, en plena desescalada do estado de alarma pola pandemia, lembro que hai poucos días pasaron polas miñas mans un par de documentos que xa son historia do mercado: a proposta, feita na crise do mercado no inverno 2008/2009 dos comerciantes para actualizar o pago de plazas, e o…

  • Normalizando? Día de mercado en Ribadeo

       Hoxe merquei no aparcadoiro, no lugar provisional do mercado semanal dos mércores en Ribadeo. Pouca xente (tamén era cedo), maioría de mascariñas, abrumadora entre os vendedores, pero non entre os clientes, sensación de aprendizaxe nunha situación que só se considera provisional a medias, e sentemento de que por algures hai que continuar cara a…

  • Os outros cambios de fase

    Diagrama de fases (para a auga) en chino. Lic. CC-BY-SA-3.0, dende https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Phase-diag-zh.svg Xa estamos axeitados a falar de fases. Todo o mundo sabe en que fase estamos. Vemos -máis ou menos, coa confusión lóxica en cada transición- cambios que significa. Asumimos que a loita contra a pandemia inclúe unha estrutura de fases de desconfinamento, que…

  • Primum vivere, deinde philosophare: do DNI ó móbil e das moedas ás tarxetas

    Graffiti en Ribadeo    “A política non me interesa” é algo mantido ata que… se entende que son decisións políticas as que controlan as nosas vidas, como as que teñen obrigado ós médicos a ter que elixir entre que enfermo van tentar salvar e cal van sacrificar. Non, o anterior non é algo que se…

  • Aplausos e primeiro de maio

    Forza nun primeiro de maio pandémico    Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de…