Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.391 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • De black friday a venres negro

    Captura de pantalla da Wikipedia en Inglés. Creative Commons Attribution-ShareAlike License De black friday a venres negro    Hoxe é un venres negro. Moi negro. Máis negro que o do ano pasado. E máis aínda que o do ano anterior. Non pola meteoroloxía, que parece que se vai portar ben, día claro en Ribadeo. Tampouco…

  • Martes 24? Pleno xugoso.

       Ás 20:30 horas, pleno. Os primeiros puntos máis aló da aprobación da acta anterior, variación de ordenanzas fiscais. Pero tamén está a recepción de documentos de Daniel Cortezón pola súa viúva, Mati, ou a renuncia da asignación de 2020 por parte dos grupos municipais. Sen deixar á beira o tratamento do pacto dos alcaldes…

  • Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós

    Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de nós     Mirando cara atrás, a historia apunta a que os abonos pasaron a ser necesarios cando se intensificaron os cultivos, pero sobre todo cando os cultivos foron destinados a consumir lonxe de onde se producían. Nese momento, os refugallos xerados, incluído esterco e defecacións…

  • Que pasaría sen a inmigración? Dous alemáns turcos contra o coronavirus

       Esta semana saltou a nova de que a multinacional Pfizer ten unha vacuna contra o COVID19 eficaz ó 90 % (é dicir, no 90 % dos casos). Ese era o titular. Pero a noticia ten varias derivacións. Unha delas, que Pfizer o que fixo foi máis ou menos, subcontratar a investigación, poñer cartos parfa…

  • Toda aldea ten atractivos turísticos

    Toda aldea ten atractivos turísticos Mural na capela de Nosa Sra. das Virtudes      Toda aldea ten atractivos turísticos. Sinxelos, pode ser. Non masificados, case seguro. Baratos, ou sen custe para o visitante…    O reenfoque turístico pola pandemia leva a un turismo ‘sostible’. En realidade, a frase anterior o que fai é perfilar…

  • Grazas a ti, que das para todos

         A anterior é unha versión propia dunha imaxe que se pode ver no sitio XKCD, (ben feitiña e con licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License, ou sexa, que podería usala en troques desta) que me deu que pensar despois de prestarlle o meu recoñecemento automático. Recoñecemento á idea, como usuario dunha tecnoloxía e…

  • De ‘traballar como chinos’ a ‘O traballo vos fará libres’

    De ‘traballar como chinos’ a ‘O traballo vos fará libres’     Alcoa. Un nome que esta tempada está na boca de toda a Mariña. Algúns aínda din, tentan lembrar, ‘Aluminio Español’, a empresa do INI que se estableceu en S. Cibrao, procurando a saída na nacionalización. No fondo, o traballo como medio de subsistencia, case…

  • Que define o éxito?

    Que define o éxito?     Máis dunha vez teño sentido que cousas que para min eran exitosas, para outra xente non o eran, e viceversa. Aí entran gustos, perspectivas, intereses… ó fin, diferentes criterios. Pero se a nivel particular podemos inferir todos eses flecos que fan diversa a resposta, podemos facelo asemade a nivel social?…

  • Por que se chama ‘La Comarca del Eo’?

    Esquema collido de https://gl.wikipedia.org/wiki/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0    O outro día, ó ensinarlle a alguén un artigo do último número de ‘La Comarca del Eo’, atopeime cunha pregunta súa, formulada máis ou menos: “E por que se chama ‘La Comarca del Eo’? Non se debería chamar mellor ‘A Mariña’”? Din unha…

  • Ocasións perdidas

       22 de febreiro de 2003. En Ribadeo convocábase á xente interesada para a asistencia a unha xuntanza aberta, de carácter internacional, para introdución ó teletraballo. Era unha das accións realizadas dentro do proxecto TES (Teleworking Education System), no que participaba un centro educativo ribadense, o IES Porta da Auga. Na xuntanza analizaríanse en particular…