Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: demografía

  • Un conto curto

    Un conto curto

        Hai só 60 anos que, en Galicia, as defuncións deixaron de ser menos da metade dos nacementos. Aínda non hai un ano (o ano pasado) que as defuncións duplicaron ós falecementos en Galicia. Acaba o conto. Coido que é algo como autoexplicativo Liñas de nacementos (negro) e defuncións (vermello). No 1961 as defuncións sobrepasan…

  • Da Mariña ó Courel

       Polas redes sociais chegoume un vídeo que me chamou a atención como para velo -teño ‘implantada’ a autorestrición de vídeos-. Ó velo en Ribadeo, estaba pensando nas semellanzas do transporte rural e vilego por estrada -e por ferrocarril- na Mariña: moita máis densidade de poboación, pero ó final, problemas máis semellantes do que parece.…

  • Os envellecementos, Galicia

    Si, Galicia está a envellecer. Iso din os números das estatísticas. E o envellecemento mesmo parece acelerarse a medida que se mantén a taxa reprodutiva á baixa no longo prazo. Pode discutirse se o envellecemento poboacional é bo ou malo, pero non ten sentido facelo de xeito absoluto, pois é algo relativo. Si, moita xente,…

  • Estatísticas

       Remato de ver a estatística. Un pouco antes das oito da mañá somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os números son moi diferentes, mesmo incluída a unidade de millón. Os datos son, naturalmente,…

  • Un caso

    Terceira idade. Fiestra viva. Galicia (Spain) Lic CCBYSA 2.0 Edward Morgan, Galipedia.    Unha persoa maior, muller, unha presunta estafa… está ben da cabeza? Son os elementos do caso. Vaiamos ós pormenores.    Vaia por diante que escribo a partir dunha conversa cazada ó azar e posterior consulta a un dos contertulios, sen tomar nota…

  • Galicia desaparece

     Remato de velo en Nós Diario: non primeiro trimestre de 2020 naceron 3820 cativas e cativos en Galicia, mentres morreron 9013 persoas. Facendo unha proxección para o ano, esperaríanse uns 15 280 nacementos e 36 052 defuncións, ou sexa: – Un saldo vexetativo anual de -20 772 persoas – Máis de 2,3 mortes por cada…

  • Tiveches emigrantes a Sudamérica na familia?

       Hai moitas probabilidades de que algún parente, próximo ou non tanto, teña feito a viaxe…    O centro de estudos migratorios latinoamericano, CEMLA, ten desenrolado unha base de datos con milleiros e milleiros de emigrantes a Sudamérica entre a independencia e mediados do século pasado. Faltan moitos, mais se na túa familia houbo emigrantes…

  • Demografía

    Demografía     Esta tempada pasada teñen xurdido comentarios na bisbarra da Mariña de Lugo sobre a incidencia da pandemia no asentamento da poboación, con movementos que virían afectar a un aumento de residentes censados en Barreiros, Foz ou Ribadeo. A falta de confirmación das cifras, os argumentos son claros: onde se vive mellor e máis…

  • Trasvase de poboación

    Do interior á costa. De Mondoñedo a Ribadeo. Negocios que se veñen, e con eles, actividade e poboación. Pasou coa Alianza, pastelería que veu tomar o testigo da antiga Eijo. E agora o Montero. Non son casos iguais, pero tampouco neste caso é unha sucursal que dependa da ‘casa central’ en Mondoñedo, senón un negocio…