Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Galiza 1 – Ecuador 1. (facendo país co fútbol). Pechando Mirasol (desfacendo país coa política)

    Onte, unha delegación de ribadenses desprazámonos ata A Coruña para ver o segundo partido da selección galega na nova época. Nova época porque parece que o primeiro partido foi aló polo 1922, e houbo abondos ata o 1939. Pero o importante do partido non era o fútbol, con xogadas boas e malas, entradas máis que…

  • Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo

    é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…

  • A casa da xuventude, por fin

    Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude. Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se…

  • Guillermo Schulz

    A conto da exposición de Guillermo Schulz en Ribadeo, o tríptico da mesma:

  • Longo día, longa noite: crónica dende a noite

    Tamén en inverno pódese dar o caso dun longo día a máis dunha longa noite. Invertindo os termos por estar máis achegado no tempo, a longa noite manifesta ás claras aquelo de que non tódalas noites son iguais, nin toda noite igual a si mesma. Hai un cacho, foi a música de enfronte a que…

  • Dinamizando o Castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo

    Un segundo post hoxe para tratar do castro das Grobas. Adxúntase a foto dun cartel da primeira xornada que O Tesón vai tratar en relación ó castro. Pénsase en facer outras dúas charlas, achegando o tema cada vez máis ás Grobas. Esta primeira corresponde a ver como se está poñendo en valor o castro de…

  • Un concerto en Ribadeo, auditoro Hernán Naval

    Na realidade non foi un concerto, senón actuacións. Adxúntase o díptico e algunha foto, incluíndo Reis Magos, que tamén fixeron acto de presencia, o presentador, outra actuación. Notouse pois a presenza de Suso López e non apareceu Lourenço, mentras a xente da ANPA, Suso, Ernesto, Farruco, Javier, eu… estabamos ó completo. Tampouco se viu o…

  • A partir de hoxe os días medran

    Xa estamos no inverno, e a partir de hoxe os días medran, co que se pode encarar a vida con algo máis de optimismo, segundo pensaban osa antigos e se ve manifestado nos nosos tempos pola lotería do Nadal, que se xoga hoxe. Sorte a todos e todas, aínda que estatísticamente, como todo o mundo…

  • Festival de Nadal da Escola Municipal de Música e Danza “Hernán Naval” de Ribadeo

    Paso a postear a nota íntegra da actuación que terá lugar mañá: A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu t A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu tradicional Festival de Nadal Actuarán un total de dez formacións xurdidas no seo do propio centro O festival…

  • Necesidade de tradutores en Ribadeo, Castropol e en xeral, a Ría de Ribadeo

    A este paso, vai ser necesaria unha lexión de tradudores. Véxase un párrafo nunha nova de hoxe: “Puesta en valor de recursos de la ría del encuentro en el Camino Norte de Santiago“.Procurade un mapa e nel, a ría do encontro; na ría, os recursos postos en valor, e logo, mirade a porcentaxe da ría…