Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.448 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • De improperios e patadas a sorrisos

    Tanto a fin de semana como a noite de luns a martes sucederon casos de agresións á Guardia Civil; no primeiro, no mesmo cuartel; no segundo, no centro. Non deixan de ser curiosos ambos, pois parece que nos dous casos reinaba a calma na veciñaza. En contra de accións como as anteriores, a Paco Lanza,…

  • Correlingua

    Hoxe é o correlingua en Viveiro. Todos os anos se celebra unha xuntanza de alumnos de medias para promover o uso do galego. Hoxe tamén, as ciberirmandades da fala están promovendo que se aconselle ós ‘centros comerciais abertos’ o uso do galego nas súas páxinas web. Non embargantes, coido que mentras non se promocione asemade…

  • Un repaso ás novas

    Este domingo xa levo dúas entradas, con fotos da comida social do Tesón. Esta terceira é só para comentar algunhas novas. A primeira, un comentario na entrada sobre o ‘sábado electoral’ sobre a commemoración do nacemento do ‘Viejo Pancho’ en Tala, a súa vila de acollida no novo mundo, é só unha referencia. A segunda…

  • Chove a cántaros

    Amence chovendo a cántaros. Din que o ruído da auga atempera, calma, e bó compañeiro. Asemade, oculta outros ruídos. E pode ter outros efectos beneficiosos secundarios. E xa se sabe, tra-la tempestade, ven a calma. Facía falta que chovera en Ribadeo, para ver se logo, o escampar, o Sol locía como debe e deixamos de…

  • Día do libro en Ribadeo

    A pregunta é, hóuboo? É dicir, celebrouse? A única cousa polo que alguén sería capaz de detectalo era por un anuncio do desconto do 10% en libro na Casa do Libro. Se houbo máis celebracións, pasaron totalmente desapercibidas fóra dos centros de ensino, e aínda ás veces, dentro. As fotos, dunha rúa semi-automobilizada e unha…

  • A propósito dunha cita de Maquiavelo

    No post anterior citaba a Maquiavelo. Aínda que habería máis que dicir, que sirva esto como comezo: Nunha introducción-comentario a ‘O Príncipe’ de Maquiavelo, cítase a Aristóteles decindo: “…na análise das tres formas clásicas de goberno (monarquía, aristocracia, democracia) que poden dexerar en tiranía, oligarquía, demagoxia,…” E no diccionario da Real Academia Galega define ‘demagoxia-s.f.…

  • Unha nova Semana Santa en Ribadeo

    Pódese apreciar polas imaxes dous contrapuntos da Semana Santa. Nun caso, a relixión, que a traverso do seu programa pretende unha celebración dese tipo, de tradición relixiosa. Por outro, os pícaros xogando nunha manifestación de asueto que moitas persoas coñecen por “Semana Santa”. Dúas concepcións diferentes para un mesmo tempo (se non as leíches, mira…

  • Detalles no Via Crucis de Ribadeo: mea culpa

    Despois do pregón, podería dicir que me gustou, pero non é esa a intención dun via crucis nin a miña ó ir. Polo tanto, omito esa parte. Teño que dicir que ía titular a entrada como ‘Vía Crucis ou calamares fritos?’, pero optei por non facelo para evitar malas interpretacións. O caso é que ó…

  • Ribadeo en dous tempos

    Collo hoxe o escaneo da poesía de Luz Pozo Garza nas bolsas da campaña ‘pan con poesía’ para unha primeira entrega de base cultural, pero a entrada non vai por aí. O título corresponde a unha apropiación e desviación de outro de Vargas LLosa no El País hai uns días: Roma en dos tiempos. Pois…

  • Unha mención dun libro, ‘Contabilidad agraria’

    Xa é do 93, do ‘Servicio de publicaciones de la Universidad de Oviedo’, escrito por Alberto Mediavilla e Miguel López Rico, 89 páxinas, con prólogo do Dr. A. López Díaz. Xa non se atopa nas librerías, e queda un pouco vello en relación á contabilidade actual (ó plan de contabilidade que se esixe) pero é…