Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.299 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Detalles no Via Crucis de Ribadeo: mea culpa

    Despois do pregón, podería dicir que me gustou, pero non é esa a intención dun via crucis nin a miña ó ir. Polo tanto, omito esa parte. Teño que dicir que ía titular a entrada como ‘Vía Crucis ou calamares fritos?’, pero optei por non facelo para evitar malas interpretacións. O caso é que ó…

  • Ribadeo en dous tempos

    Collo hoxe o escaneo da poesía de Luz Pozo Garza nas bolsas da campaña ‘pan con poesía’ para unha primeira entrega de base cultural, pero a entrada non vai por aí. O título corresponde a unha apropiación e desviación de outro de Vargas LLosa no El País hai uns días: Roma en dos tiempos. Pois…

  • Unha mención dun libro, ‘Contabilidad agraria’

    Xa é do 93, do ‘Servicio de publicaciones de la Universidad de Oviedo’, escrito por Alberto Mediavilla e Miguel López Rico, 89 páxinas, con prólogo do Dr. A. López Díaz. Xa non se atopa nas librerías, e queda un pouco vello en relación á contabilidade actual (ó plan de contabilidade que se esixe) pero é…

  • Festa xitana en Ribadeo

    Onte o cine Teatro tivo de novo vida despois do seu peche (segue aparecendo o cartel de ‘cerrado por descanso del personal’) cunha festa xitana. Escoitábase a música ó pasar, e víase axente entrar e saír, e o servicio de portas organizado… porque o que se notaba era diversión organizada, ó seu xeito, pero ben.…

  • A Torre dos Moreno e Ribadeo

    Onte estaba unha tarde clara e luminosa. A Torre dos Moreno tiña boa luz para unha foto. O mesmo o paxaro nunha árbore do parque. O caso é que de lonxe, a Torre da o pego da aparencia en bo estado, como símbolo de Ribadeo. De cerca, xa teño metido máis dunha foto con cascotes…

  • Feira da Ciencia en Ribadeo, e van 13

    De novo a feira da ciencia comeza o seu andar en Ribadeo. Está invitada toda persoa que por alí queira pasar. Na inauguración, en contra do que viña pasando estes anos, participou o Alcalde, mentras o Tenente de Alcalde estaba sentado co público, o mesmo que a concellala de cultura. Eso si, estes quedáronse á…

  • Ribadeo, terra de misión

    Por estas datas pódense ver por Ribadeo fotos do ‘congreso eucarístico’ dos cincoenta en Ribadeo, o mesmo que se pode ver por exemplo, no libro de O Tesón “Ribadeo no tempo, a través das imaxes – Outro Ribadeo foi posible“. Estamos en preparación á Semana Santa. Non embargantes, seguimos naqueles ‘tempos de misión’ de hai…

  • Eppur si muove…

    É dicir, ‘e nembargantes, móvese…’ Din que esas foron as verbas que marmuriou Galileo ó saír do tribunal da Inquisición cando lle impuxo o castigo de silencio sobre o feito do movemento da Terra. Pois si, pouco a pouco as cousas estánse a mover. O outro día sinalei un artigo periodístico, asinado por un ‘home…

  • Música libre e ruído penado, en Ribadeo e en España.

    Acumúlanse as novas ás veces. Hoxe é un deses dias no que parece que hai que andar usando taquigrfía para coller as cousas ó vó. Comezaron onte, primeiro día da primavera e baixo un frío e un vento como non o houbo no inverno, a reforma no pavillón vello, de xeito que os vestuarios están…

  • Cultura e autovía

    Onte foi a representación de ‘O avaro’ de Molière no auditorio Hernán Naval. A adaptación e simplificación da obra ós tempos modernos non deixou mal sabor de boca e lembrou algús pasaxes e ideas ó público. Un só exemplo, cando se compara a falta de distinción do amor, pero tamén dos cartos, na elección das…