-
Novas internas
Hoxe as novas teñen para min certo aire de ‘internas’. Unha delas, o paseo organizado polo Tesón ó Castro das Grobas, xa ten post. Outra é a da presentación da Feira da Ciencia deste ano, segunda parte, que terá lugar o 14 e o 15 deste mes, e que corresponde á seguinte nota de prensa:…
-
Pancho Maseda
Morreu Pancho Maseda. Para min, ,a nova máis importante de onte en Ribadeo porque significa pasar unha folla da historia, se considere como se considere ó persoeiro e á persoa. Como dixen onte na radio, pouco o coñecía a pesar de ter mantido aínda algunha charla de tipo filosófico-medioambiental algunha vez que pasei pagar…
-
Novidades en Ribadeo
Se nos fiamos da prensa, poucas novidades hai estes días en Ribadeo. A máis reseñable, a creación dun club de motos, o motoclub Alcorte. As outras, por exemplo a potenciación do Vello Pancho, non son novidade porque non presentan nada novo. Teriamos que ir ás novas de Mondoñedo, por exemplo, co seu congreso de escritores…
-
A miña intervención na presentación do libro ‘Estudio sobre toponomía en Ribadeo’
3/11/2007 – Presentación ‘Estudio sobre toponimia de Ribadeo’ Grazas a todos e a todas por estar hoxe aquí neste acto de presentación ó que dou comezo. Teño que dicir que incentivou o meu orgullo que José Mª contase comigo para a presentación dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa…
-
Así llas poñían a Fernando VII
Foi a anécdota básica coa que me quedei do pleno municipal de onte. Unha corrección que marcou o comezo de resposta do alcalde, Fernando tamén, a unha intervención de Paco Rivas que rematou cun ‘así llas poñían a Felipe II’. O pleno, sen moita trascendencia, extraordinario, tivo puntos sen moita discusión. O segundo, a aprobación…
-
De segunda, unhas terceiras Xornadas de Patrimonio Tradicional da Mariña Central
Pasáronme na fin de semana nova destas xornadas, e o luns foi a súa presentación. Agora que parece que xa pasou o primeiro rebumbio, aí vai en JPG o programa (lembro que,premendo sobre a foto correspondente, pódese ver ela soa e voltando a premer, en máis tamaño). O sitio, o IES de Foz, coa rama…
-
40 horas despois, con Molière por medio
Hai cousa de 40 horas, Touriño e Areces, Presidentes autonómicos, reuníanse no medio da ría de Ribadeo escenificando unha especie de obra de teatro, o teatro da vida, con base na proclamación de Reserva da Biosfera. Trinta horas despois, era o Teatro do Morcego o que interpretaba ‘Le bourgeois gentilhomme’ de Moliêre, unha obra clásica…
-
Concerto o sábado
Volve o clima que tan ben sabe crear o presidente norteamericano co anuncio dunha guerra mundial se Irán consegue a arma nuclear. En Ribadeo andamos a outras cousas. Sábado xuntaránse os presidentes de Asturias e Galicia no noso pobo, a falar do tema da Reserva da biosfera, que tanto está a dar de si. E…
-
Pequenas obras e destrozos
Ás veces é moit máis doadao fixarse no que está sen facer que no feito. Hai uns días poñía no blog o destrozo na baranda do parque novo. Onte estaba reparada. En torques, a que corresponde á parte final da baixada dende a Atalaia ata Cabanela é a que onte mesmo notei que estaba para…
