Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Ocio incontrolado

    Mágoa! a conferencia era onte, e cando me decatei xa non podía avisar a ninguén. O título, ‘Inconveniencias sociais e para a saúde do ocio incontrolado’, pintaba moi ben. e quédome coa parte final, o concepto de ‘ocio incontrolado’

  • Información

    Din que a información é a clave do poder. Pasáronme onte (grazas, Teresa) unha ligazón moi interesante sobre a información, pois da portadas e ligazóns a periódicos de todo o mundo: http://kiosko.net/.Ou de España. Ou do norte da península (por certo, aquí noto unha falta que incumbe á zona, debido quizáis ó xeito de publicación…

  • A moda de A Ponte de Arante

    Hai algún tempo xurdiu en Ribadeo a moda das viaxes en tren para a terceira idade. Os nosos maiores recorreron a bisbarra feveada dun ó outro confín. Non estou seguro de que a moda xa caducara: no inverno estas cousas baixan de intensidade, aínda que non corren bos tempos para as subvencións pertinentes. Agora remata…

  • Pla e Ribadeo

    Abrumado de política? Non, de anuncio político de todo signo, cor e circunstancia. Nunha mañá luminosa de domingo, despois de que a mangueira durante perto dunha hora despexara a rúa dos restos da noite, é cousa de despexar tamén a cabeza da política (ou a política da cabeza) e ler un pouco. Por exemplo, traendo…

  • O noso medio

        Onte a casa da ría foi visitada por xente da Universidade de Santiago. Non o foi por José Angel Docobo, artífice das relacións no campo da astronomía entre USC e Ribadeo, senón polo Vicerector encargado de relacións institucionais, Elías Torres, o que deu lugar non a cousas concretas, senón máis ben, polo momento, a…

  • Hoxe, última conferencia sobre A Ponte.

    Mágoa que me enterara tan tarde para avisar. Aí vai o comunicado: ‘HOXE A Ponte na encrucillada da Historia Lembrámosvos que a última das conferencias do ciclo terá lugar hoxe ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Mar: “A pintura galega na Idade Moderna. O caso da Ponte. Unha…

  • Non é de Ribadeo…

    … pero coido que si é de interese esta parodia da entrega dos premios Goya o outro día.

  • Unha ponte para Ribadeo

    “Jueves 7 de febrero de 1884. Puente de Ribadeo. Dice El Hermandiño, de Mondoñedo, que merced a las gestiones hechas por Ventura Olabarrieta, han sido aprobados por la Dirección General de Obras Públicas los estudios del puente que debe unir Ribadeo con Castropol.” La Voz de Galicia 7/2/2009, p.16-Opinión. Hemeroteca. Anotacións: El Hermadiño: diario de…

  • Dous actos culturais

    Debido ó tema, case cabería dicir dous actos históricos, polo tema conicidente a grandes rasgos de ambos. No primeiro tratábase de historia máis antiga. A presentación do libro Sobre os castros de Ribadeo, un acto curto e condensado, foi dirixida no mesmo sentido que as cousas que conta o texto e co mesmo obxectivo que…

  • Presentación do libro “Sobre os Castros de Ribadeo”

    Terá lugar esta tarde, na Casa das Letras ás 20:00, a presentación do libro escrito por José Mª Rodríguez Díaz e editado pola AVV O Tesón. Nota posterior: o libro pode atoparse en dúa partes en Sobre os castros de Ribadeo 1 e Sobre os castros de Ribadeo 2