Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Melgaço

    Hoxe comeza a viaxe, e mañá terminarao, un grupo de alumnos e alumnas do IES Porta da auga a Melgaço. Está inscrito dentro dun programa da Xunta de Galicia, e non o poñería no blog de non ser porque hoxe a prensa trae unha nova semellante respecto dos escolares do IES Marqués de Sargadelos de…

  • Máis publicacións: A Nosa Señora das Virtudes da Ponte e un novo número de ‘Miradas’

    Remato de colgar en ‘Publicado en Ribadeo‘, despois do correspondente permiso, a publicación “A Nosa Señora das Virtudes da Ponte“, e despois de ter feito o mesmo antonte co libro da Semana Santa 2009. O certo é que ningún deles, o ter as páxinas satinadas, quedou demasiado ben escaneado, co que non descarto voltar a…

  • Unha circunstancia ribadense

    Hoxe, coincidindo co reparto de libros sobre os castros ós asociados de O Tesón, pódese ver na Voz de Galicia unha entrevista a Gonzalo Meijide (completada aquí, aquí e aquí) redactor do plan que se está a aplicar nas catas do Castro das Grobas. É unha circunstancia que ven determinada polo interese amosado pola asociación.…

  • Semana Santa 2009

    Á espera de cargar o programa (hoxe ou mañá), está colgado xa o libro correspondente á Semana Santa 2009, que pode consultarse a traverso de ‘Publicado en Ribadeo‘ ou de xeito direto en formato .pdf.

  • En galego, en castelán, … en escrito e para todos

    Vía J. Mª Rodríguez chegoume este correo que poño a continuación, correo que anda circulando pola nosa xeografía. Xa teño falado algunha vez no blog sobre o tema, e despois das preguntas de O tesón do pasado pleno, coido que debo poñelo para darlle máis difusión — *Asunto: Escrito de José Luis Sampedro para circular…

  • Os mortos xa chegaron

    Hoxe é a estrea da película ‘Os mortos van á présa’, logo os desprazados polo mundo adiante (polo de pronto, o resto de Galicia e de España), teñen a oportunidade de vela en sala de cine. O luns 16 hai pleno. Nel está previsto que se poñerá o nome de Ernestina Mansilla ó tramo entre…

  • Libro do 5 aniversario Banda Municipal de Ribadeo

    Remato de colgar en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com o último bloque do Libro do “5 aniversario Banda Municipal de Ribadeo“.

  • Migrantes

    Onte fun ó acto de presentación da guía para mulleres inmigrantes impulsada polo concello. Concerto e degustación de produtos incluídos. Non puiden concentrarme no tema. Dende o primeiro momento ía o pensamento por exemplo sobre a emigración, a outra cara da moeda, tanto ou máis que sobre a inmigración. O título da guía non podía…

  • Convite e atragantamento

    Antes o aviso: aínda que en terra en principio non se esperan para hoxe ventos demasiado fortes, hai aviso de risco extremo na costa do cantábrico comezando ‘na outra beira da ría’. Nesta banda só hai ‘risco importante’, como se pode ver no mapa capturado da web da axencia estatal de metereoloxía. Recibín xa hai…

  • … e ó fin, a campaña finaliza hoxe

    Din que foi non a máis dura, senón a máis rastrera que se lembra. Onte, a charla de Onda Cero rematou con dous minutos para falar sobre a impresión da campaña. Un contertulio, José Mª Rodriguez, dixo o que eu remato de dicir. Eu contenteime con dicir algo así como ‘se un político quere ser…