Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Inicio de desbloqueo? Ribadeo pode e debe ter outra entrada dende a autovía

    Iso parece: A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados insta ó Goberno a poñerse en contacto co Concello de Ribadeo para falar sobre as características que debe ter unha nova ligazón coa autovía, ó tempo que a sacar o cartel de ‘Ribadeo sur’ que aparece en Dompiñor e que tanto engana ó automobilistas, pois…

  • Apuntes sobre Ribadeo

    Remato de colgar en Publicado en Ribadeo a segunda parte de Apuntes sobre Ribadeo, de Méndez Sanjulián, escaneado que abrangue entre 1603 e 1691.

  • Dúas novas publicacións colgadas en Publicado en Ribadeo

    En ‘Publicado en Ribadeo‘ están a disposición dous vellos cadernos da serie de tres ‘Coñecer Ribadeo‘: ‘A Vila’ e ‘O Concello’. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

  • No fondo, os cartos

    Un concello á beira da bancarrota? Non é novidade. Ou si? Pois o mellor si ó ser usada como arma. O anuncio de que o de Barreiros podería estar á beira dela debido ós cincoenta pleitos da Xunta sobre o tema da construcción debera ser un aviso de que as cousas tiñan que ser feitas…

  • Curso e concurso

    Teño recibido a convocatoria de varias actividades. Deixo aquí os datos correspondentes a dúas delas, interesantes para diferentes segmentos de público. O primeiro, un certame considerando a emigración como materia a visualizar: O segundo, un curso da universidade de verán da USC, Espazos naturais protexidos nun mundo en cambio:

  • Nota de prensa sobre o Galego

    Adxunto unha nota de prensa da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia: O GALEGO E O ENSINO DA CIENCIA A Xunta Directiva da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que está presente no eido da educación secundaria dende hai máis de vinte anos e que conta con case un milleiro de profesores…

  • Un novo libro de Eva Moreda

    O sábado tivo lugar a presentación do último libro de Eva Moreda, “O país das bestas”, libro consecuencia dunha idea que foi finalista no premio Biblos-Pazos de Galicia no 2005, pero que tardou en ser rematado, por mor dos compromisos da autora. Foi acompañada na Casa das Letras ribadense polo editor de Biblos, quen fixo…

  • Os muiños de vento en Ribadeo

    Remato de deixar en ‘publicado en Ribadeo‘ a derradira publicación polo momento en Ribadeo, ‘Os muiños de vento en Ribadeo‘.

  • Se non podes ser o poeta, se o poema

    A morte de david Carradine, o ‘pequeno saltamontes’ da serie ‘Kung-Fu’ deixou onte nunha radio a frase, dita por el na serie. Axustando,, non se trataría de ser ‘un poema’, senón ‘o poema’. A parte de facer unha pequena lembranza de Carradine, ven a conto da eleccións europeas. Hoxe remata a campaña, na que parece…

  • sobre as descargas, os piratas e o delito

    Coido que hai abonda intoxicación no tema e un montón de intereses. Por iso as novas como istas necesitan unha difusión ‘boca a boca’: “Descargarse 3.322 películas y un número indeterminado de canciones para uso particular o para intercambiarlas con otros usuarios de Internet sin ánimo de lucro no constituye delito.” O compromiso dunha rede…