-
Os muiños de vento en Ribadeo
Remato de deixar en ‘publicado en Ribadeo‘ a derradira publicación polo momento en Ribadeo, ‘Os muiños de vento en Ribadeo‘.
-
Se non podes ser o poeta, se o poema
A morte de david Carradine, o ‘pequeno saltamontes’ da serie ‘Kung-Fu’ deixou onte nunha radio a frase, dita por el na serie. Axustando,, non se trataría de ser ‘un poema’, senón ‘o poema’. A parte de facer unha pequena lembranza de Carradine, ven a conto da eleccións europeas. Hoxe remata a campaña, na que parece…
-
sobre as descargas, os piratas e o delito
Coido que hai abonda intoxicación no tema e un montón de intereses. Por iso as novas como istas necesitan unha difusión ‘boca a boca’: “Descargarse 3.322 películas y un número indeterminado de canciones para uso particular o para intercambiarlas con otros usuarios de Internet sin ánimo de lucro no constituye delito.” O compromiso dunha rede…
-
Despois da batalla
A representación desta fin de semana cos franceses como opoñentes lembroume outras batallas que se libran por Ribadeo. Por exemplo, no parque. As tendas que cada pouco invaden os paseos e as súas beiras. As que deixan maltratada a herba que logo hai que coidar, cando non queda tan mal que hai que remover e…
-
Turismo
O Concello aposta polo turismo: un día despois de que fora presentada a nova campaña anual dirixida a que os asturianos veñan en tren ata aquí a pasar a fin de semana no verán, e dous despois da recepción das bandeiras azuis para Os Castros e Illas, e para As Catedrais, sae a noticia de…
-
Actividades para hoxe
Volta ciclista ás comarcas de Lugo. Representación (toda a fin de semana) sobre a invasión francesa de hai douscentos anos. O mar mirado, primeira das exposicións de ‘A memoria do mar’, está na OMIC de Ribadeo (as outras son “Do areal ao peirao” e “Con pés no mar”). Proxecto de dixitalización de fotos familiares do…
-
Os muíños de vento de Ribadeo
O título corresponde a unha obriña que fai o nº 7 dos Cadernos de investigación do IES Dionisio Gamallo, coordinada por Emilio Piñeiroa. A referencia da foto do Sigpac corresponde ao muíño conservado na actualidade, situado en Palmeira, Ove, coordenadas 43º 31′ 24,63″ N, 7º 3′ 12,96″ O, perto da vía do ferrocarril. E mentras…
-
Castelán vs galego
Estes días estou escoitando (máis ben, lendo) diversas cousas en favor do castelán nun interesado conflito idiomático. Entendo que, con variacións, pero básicamente, o que se pide é que se deixen sen protección os idiomas, para que poda haber liberdade. O mesmo principio que en economía levou ó sistema económico que se autotitula único ó…
-
Vaise e veñen
Vaise o Edda Frende camiño de Marín para ser rematado. Sairá entre as 12 e media e a 1 e media do mediodía, coa marea alta (corresponde ás 12:54 no porto de Mirasol, e un pouco antes na ponte dos Santos, escollo a pasar). As características que collín de Gondán do seu irmán xemelgo, o…
-
Un título desafortunado
Onte foi festa por partida dobre: un domingo, e 17 de maio. E non publiquei por isa festa, pero non por iso deixei de recibir estímulos para publicar. Hoxe recollo algún. O primeiro, chocoume que en Ribadeo ninguén se lembrara do cabodano de Hernán Naval (aquí unha ligazón das moitas que ten o…