Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Xa temos zona bookcrossing

    Rematou a presentación da zona bookcrossing na oficina de turismo de Ribadeo. Ó final, foron preto de setenta os libros liberados, que se verán aumentados cada semana alomenos ata o próximo ano. Ademais, as verbas de presentación resultaron asemade de orientación dos presentes, prolongando despois a charla e comezando alí mesmo a participación na reixa…

  • A cultura municipal ribadense no outono

    Remato de recibir a ‘Asxenda cultural’ do concello correspondente ó que resta de ano. E así a poño, lembrando que as imaxes pódense ampliar premendo co rato sobre elas. Coido que ten algún erro, pero pequeno, e como non o podo comprobar agora, así queda.

  • 0,6% ou ‘Vivir en gallego: ¿es un derecho o un deber?’

    A segunda parte do título, que manteño en castelán, corresponde a un artigo aparecido na Voz de Galicia de 21/10/2009, e o de 0,6% … iso é máis longo de explicar. Resulta que boteille unha ollada ó artigo referido, que nun lugar pon, por exemplo (e cito en castelán), “De hecho, lo que ya no…

  • Cánto levan escoitado estas pedras de Santiago

    Tomo prestada a expresión do título para comezar este artigo sobre unha manifestación en prol da potenciación do galego. Onte en Santiago houbo una manifestación abondo numerosa na que compartín lugar con outra xente coa quecompartía máis ou menos ideas ou coa que non compartía formas, por exemplo nas frases coreadas que, camiñando ó seu…

  • Pintadas

    Coido que as pintadas a istas alturas xa están moi vistas, e por desgraza (iso creo) no producen xa unha sensación de forte rexeitamento. Pero segue a sorprender que se fagan nunha parede inmaculada, como a do auditorio recén pintado (‘plan E), parede que por outra parte, pola súa propia textura pode facer que sexa…

  • Sobre as mulleres e verbas de Pancho Campos

        Nestes días asistín a dúas tertulias con temas relacionados, sobre a segregación escolar (básicamente por sexo) nos centros educativos e as mulleres na historia de Ribadeo.     A segunda foi onte pola tarde, foi comezada por unha exposición de Pancho Campos e logo seguiu unha extendida charla (que non esperei a rematar), e que…

  • Noutro sitio

    Despois das festas patronais, en Ribadeo, houbo unha serie de comentarios e queixas (ou aquí). Parecería que ‘Ribadeo is different’, que só aquí se pode dar un conflito co tema das festas máis aló de se as orquestas foron boas ou malas. Agora podemos constatar que non, que debe de ocorrer así noutros sitios, como…

  • Cross-booking en Ribadeo

    Necesito/necesitamos (a idea xa foi exposta en O Tesón hai algún tempo, pero necesita repouso) axuda para poñer en marcha en Ribadeo unha sección de cross-booking… Quizáis o título debera ser en realidade o subtítulo, e comezar por explicar que é o bookcrossing, o ‘cruce de libros’. Pero, para quen queira saber máis sobre o…

  • A ciencia en España non necesita tesoiras

    Moito se leva dito sobre o ‘que inventen eles!’ de Unamuno. Moito e tamén moito mal. Moito se leva escrito sobre o tradicional atraso da ciencia española, primeiro por culpa da nobleza que sumiu nun atraso secular a estrutura mental en España. Despois, polo estreito marcaxe ás ideas da capital da contrareforma. Despois aínda, coa…

  • Só un comentario

    para dicir que me uno á ‘inciativa “a ciencia en España non necesita tesouras“‘.