Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Agasallos culturais

    Hoxe recibín un par de agasallos culturais. O primeiro, particular, un libro sobre o Castro de Zoñán, que despois de follear fíxome pensar nun futuro libro semellante para o Castro das Grobas. O segundo, público, o concerto do Coro Xoven da OSG, que rematou co público en pé, obra de agasallo e bis. O vídeo,…

  • Incompatibilidade

    “É unha grande honra para nós compartir (…)”, visto na introducción de The meaning of it all, no que, 5 páxinas antes, pódese ler “Tódolos dereitos reservados (…)”. A incompatibilidade e contradicción entre ambos enunciados forma xa parte en libros, música e demais dun engano semántico que cada vez se quere levar máis lonxe.

  • Primi Nécega e o premio iniciativas 21

    O outro día din unha nova incompleta: a de que Carmen Cancelo ía recibir o premio iniciativas 21. Era incompleta porque outra ribadense tamén o vai recibir: Primi Nécega. Precisamente, hai máis de dous anos e medio, no blog, chamaba a atención sobre o detalle de que a obra de Primi non era abondo considerada.…

  • O manexo orzamentario dos veciños

    Retorno ás novas do día 9 de decembro, e atópome que tiña sinalada e sen cubrir unha con título “Inversións por decreto veciñal“. Así solto, o título non di moito, pois parece un novo rifirafe entre veciños e concello para forzar unha determinada inversión. Na realidade trátase dunha experiencia ferrolá de orzamento participativo, na que…

  • Actividades do fin de semana, de todo o Nadal e un recoñecemento

    Corto e pego do blog da polifónica: ” A Fundacíón “Iniciativas 21” de Santiago de Compostela vén de facer pública a V Edición dos premios “21 mulleres galegas, 21 historias cotiás”, sendo a nosa directora, Mª Carmen Rodríguez Cancelo, unha das elixidas. Con estes premios, a Fundación quere recoñecer o traballo e a traxectoria vital…

  • Copiar non é malo

    Aproveitando a licenza CC do sitio de Nina Paley, traduzo (ó meu xeito …) e póñoo en Ribadeando unha entrada relacionada co movemento mundial a favor dunha cultura libre. Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a…

  • ¿POR QUÉ A VOLTAS CO GALEGO?

    Pancho Campos Dorado Logo de ler o panfletillo, que en La Comarca del Eo Nº4680, nos larga o Sr. Luis García de Presno (non de Ribadeo? polo tanto non galego?) quedo abraiado lendo as súas verbas e diatribas que escupe en contra da nosa Lingua Galega e a favor da chorrada bilingüista que se está…

  • Estudo da contribución do multilingüismo á creatividade. Informe científico publicado pola Comisión Europea en outubro de 2009

    Coido que pode ser interesante, aínda que a redacción, o inglés, etc, boten a un para atrás. de Calquera xeito, un impuso máis ás linguas en xeral, tamén ó galego. http://eacea.ec.europa.eu/llp/studies/documents/study_on_the_contribution_of_multilingualism_to_creativity/compendium_part_1_en.pdf Un pequeno resume en traslación rápida da páxina web introdutoria: The Contribution of Multilingualism to Creativity – Science Report published by the European Commission,…

  • A conto das fronteiras

    A conto das fronteiras, de ter visto nos derradeiros días varias citas e artigos sobre muros e divisións (como en Le Monde Diplomatique deste mes ou no El País de hoxe, pode que a conto dos vinte anos da caída do muro de Berlín), remata de virme á memoria un artigo, vello xa, de Suso…

  • Algo debe estar cambiando

    Vaia por diante que non é cousa de Ribadeo. O noso pobo é sinxselamente unha mostra máis. Trátase da consideración das persoas. En concreto, das persoas públicas. Onte coñeceuse a nova da morte de José Luis López Vázquez e Francisco Ayala. Actor o primeiro, escritor o segundo, marcaron nos seus campos boa parte do último…