Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Entre hoxe e mañá

    A parte das actividades xa expostas con anterioridade no blog (aquí ou aquí), este fin de semana hai previsto en Ribadeo un par de cousas máis. Unha, no Parque de san Francisco, a Festa do Freixó, mañá, 6 de febreiro de 2010 a partires das 16:00 h e pasado, 7 de febreiro de 2010 a…

  • Axenda de actividades culturais do trimestre

    Remátame de chegar…

  • Manifestación en Santiago

    Hoxe haberá ribadenses manifestándose en Santiago en contra da nova normativa sobre as linguas. Coido que a miña postura está clara en contra dela, pero mellor que argumentar direitamente, prefiro deixar dúas ligazóns, unha ao borrador e outra ós comentarios da Real Academia Galega. Como outras veces, despois de ver o derradeiro post de im-pulso,…

  • O carneiro alado de Ribadeo

    Hoxe xoves sae na prensa unha ampla controversa sobre a cesión de diversas pezas ó Museo Provincial, entre ista institución e os herdeiros de Álvaro Gil Varela. No medio da polémica unha peza, o carneiro alado de Ribadeo, que segundo parece apareceu nun dragado da ría no 1945. Unha peza interesante da que hai algunha…

  • Unha proposta para a tesourería do concello

    Os pagos coñecidos á SGAE por parte do concello sobrepasan os 30 000 € (cantidade recoñecida en pleno hai tempo). Poden evitarse? En parte, alomenos, si. Como? Con uso de obras con licenzas libres. Que é a SGAE? A Sociedade General de Autores de España é unha asociación que teóricamente se encarga de recadar para…

  • Sobre corrupción. Frases lidas

    Escolma de frases de Tempos novos, nun debate con participación de Xaime Subiela (moderador); Rafael Martínez Castro, profesor de Filosofía na USC; María Bastida, profesora de Empresas na USC e membro do Consello de Administración da CRTVG; Antonio López, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia; e Xosé Manuel Sabucedo, profesor de psicoloxía social…

  • A conta do bookcrossing, pero non só

    O vídeo a continuación é unha parodia que se ve alimentada pola filosofía do cruce de libros, e fronte a ela, do cruce de neuronas á noite. Sínteste recoñecido/a? Por certo, que falaremos da zona bookcrossing da oficina de turismo, que xa sobrepasou de longo e hai tempo os 100 libros a disposición.

  • Agasallo para o novo ano

    Algo en favor da ría de Ribadeo en ‘Publicado en Ribadeo‘: un estudo de Silvia Piedracoba Varela, ‘Hidrodinámica da ría de Ribadeo’ (en castelán, –1 e 2-)

  • Primi

    Con data de onte enviei o seguinte texto para a Comarca, ó fío da entrada realizada sobre Primi. Primi Hai xa tempo, no ano 2007, con motivo do Día das Letras Galegas, deixei escrito noutro lugar “Día no que por outra parte, a súa adicatoria a María Mariño me leva a lembrar unha escritora ribadense…

  • Algo que non aparecerá na Comarca: “Escribe en galego: leeranche máis”

        Xa se retrasou moito o envío, e por eso non aparecerá (é contestación a un escrito aparecido na comarca o 20 de novembro de 2009): Escribe en galego: leeranche máis.     Despois de ler una artigo na Comarca de Ribadeo o pasado 20 de novembro, lembreime de que ben fixen ó non facer caso…