Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • José Saramago

    Morreu José Saramago. Lonxe quedan os días nos que unha ministra de España, de Cultura, ante a concesión posible do Nobel ó autor, declaraba que que non coñecía a ningunha Sara Mago. Se xa foi curioso no seu día, hoxe sería inconcebible unha contestación así, aínda que non fora ministra de Cultura quen falara. Retrasei…

  • Unha vista do pasado

    Unha foto do Castro de Viladonga, pensando no Castro das Grobas. Onde vai toda a documentación que xeraron as catas do pasado ano? (a lembrar que afoto amplíase premendo dúas veces co rato)

  • Benito Prieto Coussent

    Non é primeira entrada que titulo así. Xa hai tempo, nove meses, que puxen ista outra: http://ribadeando.blogspot.com/2009/09/benito-prieto-coussent.html Agora, por a Paco Lanza, ven un ha homenaxe ó pintor, que deixo reseñada: A Asociación Levada Libre de Tui ten prevista unha homenaxe a Prieto Coussent (Ribadeo,1906 – Granada,2001) o vindeiro 26 de xuño. Como limiar a…

  • Cabodano sen pena nin groria dalgo que tamén ten afectado a Ribadeo

    Ribadeo dista algo máis de 150 km do de A Coruña. Dentro de Galicia, quitado zonas de Ourense, é dos puntos máis alonxados desa cidade. No que vai de século, cada curso académico, polo menos tres dos catro centros de educación xeral de Ribadeo teñen feito unha viaxe didáctica á Casa das Ciencias. Difícil será…

  • Unha referencia con motivo dos sete anos da Galipedia

    http://taboleirodocolmeiro.blogspot.com/2010/03/galipedia.html

  • Da presentación do libro de Pablo Mosquera

    Onte tivo lugar a presentación do libro de Pablo Mosquera na Casa das Letras. Deixo a continuación unha copia da entrada no blog de O Tesón: A coincidencia do acto con outros catro eventos non facilitou a asistencia de xente, que se manifestou en vinte persoas como público. Como estaba previsto, falaron A. Gregorio presentando…

  • Rematando coas letras

    Rematando o día das letras, ocórreseme que saíu moita xente fóra. A Santiago, por exemplo, a unha manifestación a favor da continuidade do galego. A Oviedo, de compras. A outros moitos lugares. Onde habería máis xente, no lonxano Santiago (175 km) ou no achegado Oviedo (132 km)? Á beira, a postal conmemorativa das letras galegas,…

  • De Uxío a Gamallo (e viceversa), con lembranza de Hernán

    A colección de documentos de Gamallo segue dando froito. No IES Dionisio Gamallo Fierros abriuse venres unha exposición que relaciona ó titular con Uxío Novoneyra, o autor escollido para a celebración deste ano. Unha exposición que estará aberta toa a semana que ven en horario de apertura do centro, que inclúe ata a noite debido…

  • Libro da Semana Santa 2007

    Hoxe deixei colgado en Publicado en Ribadeo o libro da semana Santa 2007.

  • Pensando en ti, Lola

          Esta mañá ó abrir o correo atópome un agasallo: un poema inédito do Viejo Pancho, ó que me teño referido algunha vez. Chegou a min via Paco Trelles, neto do Viejo Pancho, quen cando visitou Ribadeo en setembro de 2007, con motivo do 150 aniversario do nacemento do seu avó (7 de maio…