Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Encaixando cartos coas caixas: en Galicia, máis.

    Onte vin en Im-pulso unha ligazón e seguina. O título do documento que descarguei e lin, “La financiación de las oligarquías provinciales en el apogeo y crisis del negocio inmobiliario en España. Una reflexión sobre las cajas de ahorros“, aínda que un moi técnico, día ás claras de que vai o tema. E non defrauda.…

  • Un ribadense que fai carreira polo mundo

    http://www.rtve.es/alacarta/videos/un-espiritu-una-meta/espiritu-meta-acabados-construccion/1326500/ (visto en http://www.facebook.com/VilladeRibadeo)

  • En Ribadeo

    Con días de retraso dou cabida a axenda cultural que recibín (hai uns 10 días, coido que por fin a primeira antes de que comezara o período correspondente). Lembro que se pode ampliar para ser lexible. E é que en Ribadeo, hoxe, a nova que se comenta na rede é Garzón. A súa sentencia, o…

  • Reclamacións

    Aparece na web do concello que o alcalde reclamará ó actual Director Xeral de Patrimonio información sobre o achádego de material histórico na ría. Paréceme ben. Dende O Tesón xa temos comentado algo disto. Pero lévome unha sorpresa por que o faga. A razón? No anterior mandato da Xunta fixéronse unhas catas no castro das…

  • Desgoberno

    Chegoume por varias canles o artigo de Juan José Millás cando xa o tiña lido. Fíxome pensar, porque certamente é bo, pero procurar unha e outra vez o seu eco, só o eco, sen aportar nada máis, coido que o fai unha especie de icono a seguir, sen acción interna, sen interiorización e mesmo chegando…

  • Aplícao onde queiras… pero sé consciente

    Collo emprestada unha cita: “Este espectro non choveu do ceo: é unha manifestación natural e unha consecuencia inevitable da fase histórica que atravesa actualmente o sistema ó que ese espectro atemoriza. É dicir, creouno o feito de que unha parte deste sistema non pode xa, dende hai tempo e por mil motivos, seguir baseándose na…

  • Isaac Díaz Pardo

    Morreu. Era un icono. E érao por algo. Descanse en paz. Deixo unha escolma de cousas sobre el: Artigo na Galipedia (con máis referencias). A nota no El País. No Público. Vídeo de homenaxe de Mariano Grueiro. Biopic. Biopic máis curto. Entrevista hai un lustro. Vídeo da Un. de Vigo …

  • Cousas de hoxe

    Comeza unha nova semana na que tentan convencernos de que hoxe, precisamente hoxe, luns, vexamos unha confrontación entre os dous candidatos (so os demáis non contarían) á presidencia do goberno de España. Os outros partidos e candidatos, subíndose polas paredes, incluíndo o presunto merlo branco de Equo, que nas enquisas do CIS case non sae.…

  • De reis

    Albricias! Os reis estiveron en Santo Tirso de Abres porque lle foi concedido o título de pobo exemplar. Ata aquí, máis ou menos todo normal. Comentario na prensa: só acudiron representación de dous concellos galegos, estando invitados todos os da reserva da biosfera. resultado: Preténdese un ‘conflito diplomático’? A xogada asturiana para a súa promoción…

  • Xelís de Toro

    Xelís, nun momento dos seus movementos e expresións. Xelís de Toro non é novo en Ribadeo. Ten participado máis dunha volta nas xornadas Mar por Medio. Onte ofreceu un anunciado como recital poético na Casa das Letras. O salón estaba ocupado por xente que escoitamos primeiro a presentación por parte de Manel, director do IES…