Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • O Ideal Auto, libro na web

    Despois dun tempo para a súa difusión, remato de subir o pdf do libro ‘O Ideal Auto’, que se presentou o ano pasado na Casa das Letras en versión papel.

  • 1000 €, 300000 € e outras nimiedades

    Collo un suplemento de xornal do pasado domingo e atópome con dúas cifras: 1.os estudantes da universidade española son 1 650 000 no curso que remata. 2.o goberno espera aforrar 1 700 M€ coa suba de taxas. Xuntamos as dúas cifras e atopamos a primeira parte do título: 1 000 € máis de matrícula por…

  • Os días comezan a minguar

    Non se nota, pero así é. Entre onte e hoxe xa foi unha miguiña máis curta a noite. Pouco a pouco, sen decatarnos ata calquera sabe cándo, o fenómeno iráse manifestando cada vez máis e con máis variación. É un fenómeno anual, cíclico, e iso líbranos da noite perpetua no futuro. En troques, hai outras…

  • Era un parque infantil

    Era. Estaba nun extremo da Vía Troncal, cando chegaba ó Xardín, preto da Casa do Óptico. Din que os nenos choraron ó velo. Sucedeu a primeira hora da noite do sábado. Parece que están investigando, pero despois de estar alí, coido que a cousa comezou polo tobogán de fibra e transmitiuse á caseta de madeira…

  • Para levar ben a vida hai que rir

    O consello dunha redeira de Corme leva ó substancial da vida, que non é a risa, senón a felicidade. Pero resulta que se sabe dende hai tempo que se non son o mesmo, que non o son, si teñen algunha relación. Por iso hai que tomarse a vida con perspectiva, non a cegas, seguindo un…

  • Difusión (dunhas e outras novas) …

    Difundir as actividades que hai en Ribadeo non é doado: o doado é que se escape algunha. Despois do concerto de percusión do Pera e a homenaxe a Baixeras, esta semana hai/houbo un encerro (luns), unha manifestación (hoxe ás 11:30), unha charla de explicación de política do goberno do estado (onte), camiñata da terceira idade…

  • Un eco sobre arte relixiosa na comarca e as noticias últimas

    Fáigome eco dunha entrada de hoxe mesmo sobre o tema da desaparición de arte relixioso na comarca, no blog de José Mª Rodríguez. Copio e pego: SOSPECHOSA DILACIÓN DE UNA INVESTIGACIÓN  Son muchas las dudas y preguntas que surgen en mucha gente de esta comarca, que se pregunta extrañada sobre la inexplicable lentitud con que…

  • Movemento

    Unha entrada sinxela para un fin de semana máis … coido que dende o pasado xoves a martes tódolos días hai algunha cousa cultural/participativa. Aí están, A Mariña para igualdade cas súas actividades, o concello, a reclamación de participación para a construcción da residencia de anciáns mañá domingo, ou cousas de máis lonxitude e variedade,…

  • As mulleres na guerrilla antifranquista

    Hoxe puiden asistir á presentación do libro e pase da película “Mulleres na guerrilla antifranquista” Foi un acto, en particular o visionado da película, emotivo e recoñecido na súa calidade e no que representa de lembranza. Mellor que desgranar o contido, recomendo ver a película e/ou ler o libro, e deixo dúas gravacións, a de…

  • Sobre o expolio no templo parroquial de Cedofeita, artigo de José Mª Rodriguez

    EXPOLIO DEL PATRIMONIO RELIGIOSO DE CEDOFEITA Parece ser que el templo parroquial de Cedofeita, en el concejo de Ribadeo, ha sido víctima recientemente de un grave expolio patrimonial. Algunas de las antiguas y valiosas imágenes que adornaban sus retablos, sustraídas de sus hornacinas, han sido dolosa y fraudulentamente sustituidas por otras de plástico. Muchos otros…