Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Hoxe toca manifestación

    … en Santiago, a prol do galego, en defensa da lingua. Organizada por queremos galego, mobilización. Hai longo tempo xa que apoio o uso do galego. De feito, aí está a galipedia, por exemplo, na que estou implicado dende o primeiro momento. Apoio sen imposición, dun xeito creativo, facéndoo servir. Coma sempre, pero cada vez…

  • Dicionario de Madoz e Ribadeo / Rivadeo (II)

        Como curiosidade a partir da entrada anterior sobre o dicionario, deixo abaixo a ‘interpretación’ que fixen das páxinas sobre Ribadeo e o seu partido xudicial que aparecen no Madoz. Aínda que quen lea máis embaixo verá que non fai falla, advirto que a interpretación cómese cousas que non descifrei, pode haber cambiado algunha palabra…

  • Dicionario de Madoz e Ribadeo

    Remata de chegarme por reenvío de reenvío propaganda do dicionario de Madoz. Di que no enderezo http://www.diccionariomadoz.org hai información (histórica) de Ribadeo, pois trátase dun libro de 1848. E si, haber, haina, mais … 1.Débese procurar por Rivadeo, antiga grafía usada para o actual Ribadeo. 2.Aparecen varias respostas (entre elas, da Vega de Rivadeo), algunhas…

  • A memoria escrita de Ribadeo, en internet

    –> Pouco a pouco, internet vai recibindo anacos de Ribadeo dixitalizados, xunto coa memoria puntual de sitios concretos, públicos ou privados, blogs ou entradas nas redes sociais. En marcha está dende hai varios anos un proxecto para ir recollendo a memoria escrita de Ribadeo e poñela en libre acceso na rede, contando na actualidade con…

  • E armouse o belén

    Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…

  • Enviado o 19 de maio do 1995

    Revisando vellos ficheiros atopo cunha carta ó director da Voz de Galicia: “Sr. Director: Día 17 de maio. Un quiosco. – ¿Dasme o periódico? – ¿Queres o libro? … el libro viene en castellano. A quien no quiere caldo, dos tazas. El resto del año, este periódico, que por lo demás tiene mi consideración, está…

  • Nova sección en Publicado en Ribadeo

    Tres traballos (e os que virán) dan pé á apertura dunha nova sección en publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

  • Dionisio Fierros en Publicado en Ribadeo

    Despois de ter subido onte un artigo sobre Dionisio Fierros, hoxe subín a ‘Publicado en Ribadeo‘ o artigo publicado en ‘Cadernos do Castro de Viladonga’ ‘Pintura e fotografía no s.XIX: unha aproximación á obra de Dionisio Fierros‘, por Celia Castro. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo…

  • Si la Nación es pobre, vivan pobremente el rey y sus ministros

    Corto e pego un post direitamente de http://representacionrealya.es/?p=33, ó que cheguei por unha ligazón nunha rede social, que xa non lembro. A ter en conta que a seu paso por internet é de xullo do 2011, logo xa vello, e a súa historia, moito máis. Xulga por ti: “Hay en la actualidad, mi querido Alfonso,…

  • Algo novo en Publicado en Ribadeo

    A fotografía e a pintura nos retratos reais. Dionisio Fierros e a súa obra en Galicia, por Celia Castro Ampliable e descargable: