Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Muller traballadora, repetindo estereotipos

    Unha semana de traballo por diante pode verse de moitos xeitos. Dende con desesperación ante un traballo que non gusta e que se amontoa ata con naturalidade ante un traballo que apaixoa e que se fai con gusto. Séxase muller ou home. Son consciente de que soe haber diferencias diversas, comezando polo ‘traballo fóra do…

  • Unha entrada para Suso Peña

    Suso Peña ten unha entrada na Galipedia. Por razón de licenza, eliminei (polo momento, de xeito provisional) unha imaxe que eu mesmo cargara hai tempo, co que a entrada quedou lixeiramente diminuída. Como sabía que ía quedar así, tomei pantallazos dela para que quedara constancia de como estaba, á espera de engadir máis contido. Aí…

  • Dise Sicixia

    Sicixia é o aliñamento de corpos celestes. Algo que o director da película, Ignacio Vilar (Pradolongo, Vilamor, A esmorga…) tenta reproducir a escala humana nun film que resulta ser o son, a imaxe e a vida da Costa da Morte plasmada a traverso dunha historia mitolóxica moderna. As sensacións envolven ós personaxes, que loitan como…

  • Gran reserva

    Como emparedada atopamos nos medios a nova do Premio Crítica 2016 a Iniciativas Culturais e Científicas ó Observatorio da Mariña pola Iguladade, entre dúas novas da Reserva da Biosfera: a convocatoria dun concurso de receitas e un artigo indicando que a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón está sen cartos e baleira…

  • Botellón en Ribadeo? Nada novo

    Despois de comentar o pleno co do botellón, e visto que nas novas seguen co castigo ó botellón, revolvo a dar luz a un vello estudo realizado no daquela IES Porta da Auga. Mais parece que a guía, a pesar de terse difundido abondo en Ribadeo, non se leu… Trátase da Guía-informe descritivo sobre consumo…

  • A biblioteca de Ribadeo pode prestar libros electrónicos

        Remato de ver unha nova (curiosamente non difundida -que eu vexa polo momento- nos xornais das grandes empresas editoriais) que certifica que as bibliotecas poden prestar libros electrónicos (non só os aparellos para ler -e_reader-, senón o contido do libro en formato electrónico -e_book-). Esperemos que esta resolución permita que a lectura de formatos…

  • Cunchas, insectos, fósiles: unha colección mundial en Ribadeo

    David Antonio López Álvarez non é a primeira vez que aparece no blog. Dende moi pequeno ven recollendo bolboretas, e logo, outros insectos, moluscos… e fósiles. Primeiro, o que estaba ó seu alcance, en Ribadeo, comezando dende moi pequeno pola zona perto da súa casa de entón, o lugar abandoado próximo á antiga estación do…

  • Diversificando a base cultural e turística

    Hai xa tempo (2014) que Mariña Patrimonio alertou de restos arqueolóxicos próximos ás catedrais, na zona de Esteiro. No seu momento, tras ler a nova no xornal sen moita profundidade, pareceume que a relevancia non era moi grande, aínda que algo si houbera. A nova saltou a continuación dos temporais do inverno, que, segundo a…

  • Novos Foros de Debate no Voar

    Téñome referido algunha vez no blog, de pasada, ós Foros de debate do Voar dos anos 90 (aquí ou aquí). Agora a nova é que volta a realizarse unha edición. Dende hai 20 anos, en Ribadeo téñense realizados diversos foros, como os sectoriais de APAGA sobre automoción ou os máis xeralistas da AVV O Tesón…

  • Unha tradición recente a aproveitar en Ribadeo

    Dende hai tres cursos, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo ten unha tradición: as conferencias inaugurais ao inicio de curso. Cun engadido que permite a tecnoloxía actual: quedan rexistradas de diferentes xeitos na páxina do centro educativo, estando a disposición de quen queira na rede. Esta entrada é só unha lembranza da súa existencia (non…