Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Fágase a Luz

      O pasado sábado Luz Pozo Garza foi declarada filla predilecta de Ribadeo. Non puiden asistir; como compensación engadín algunha cousa á súa xa longa entrada na Galipedia.   En casos semellantes soe haber propaganda de diverso tipo, maiormente institucional, que anima a outra xente máis ou menos próxima a unirse á corrente, resaltando a…

  • 21 de decembro, Galicia

    Onte, 21 de decembro de 2019, ás 10:02 UTC foi o solsticio de inverno. E onte tamén foi o 39 cumpreanos do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia (que podes atopar aquí ou aquí, entre outros moitos lugares) vixente na actualidade, pois hai que lembrar que no ano 1936 houbo outro estatuto de autonomía…

  • Mostra de teatro afeccionado Daniel Cortezón 2019 (XVII mostra)

    Comeza o mesmo día do X cabodano de Daniel Cortezón. Nota de prensa.

  • Sobre a contaminación no mar (II)

    Despois de deixar no blog as liñas xerais da miña exposición ‘sobre a contaminación no mar‘, deixo agora o audio da mesa redonda mantida en San Cibrao na Feira do libro e o mar, da que xa deixei tamén ‘A nosa cultura pode crear riqueza e traballo: o valor económica da nosa cultura‘: Mesa redonda…

  • A nosa cultura pode crear riqueza e traballo: o valor económica da nosa cultura

    Hai xa case un mes, o 7 de xullo, a mesa redonda ‘O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura‘ deu lugar a unha segunda entrada sobre o tema no blog. Un tema que propiciou ser retomado na feira do libro sobre o mar e a súa cultura de S. Cibrao, tamén nunha mesa redonda, co…

  • Sobre a contaminación no mar

    -A conta da mesa redonda sobre “A contaminación no mar” que terá lugar en San Cibrao o 2 de agosto, no marco da primeira feira do libro sobre o mar e a súa cultura, deixo algunhas reflexións sobre o tema.- Nun lugar con seres vivos, que están interaccionando co seu arredor, o medio adecuado para…

  • Asociacionismo e cultura (a modo de II)

    Co fondo da mesa redonda ‘O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura’ mantida dentro das actividades da feira do libro de Ribadeo da A.C. Francisco Lanza, ‘Letras no Campo’, edición de 2019, deixo algunha reflexión propia misturada con a experiencia de edición da AVV O Tesón (Ribadeo no tempo, a través das imaxes -outro Ribadeo…

  • O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura

    Onte tivo lugar a mesa redonda “O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura”, celebrada na antiga oficna de turismo dentro dos actos da feira do libro 2019, en Ribadeo, ‘Letras no campo’. Nela participamos Neves Paz como coordinaodra, e a representante da A.C. Francisco Lanza, Dores García Abel, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro,…

  • Inauguración de Letras no Campo 2019

    A Feira do libro de Ribadeo, Letras no Campo, xa está aberta. Foi onte cando Olalla Cociña pregoou as letras a quen a quixo escoitar. E, se ti queres, podes escoitar o pregón de Olalla e a presentación do alcalde agora no podcast Ribadeando, ou descargar o audio para escoitar onde e cando queiras.

  • Feira do libro Ribadeo 2019: Letras no campo

    Axustar que o domingo, na mesa redonda, estaremos Pablo Mosquera, da Asociación Cultural Os Aventados, Dores Abel, da A.C. Paco Lanza, alguén representando a A Pomba do Arco e Antonio Gregorio pola AVV O Tesón. A feira do libro, na nota do concello. Posterior: Inauguración.