Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Exposición sobre a obra de Suárez Couto

    Xa vai para dez días que abriron a exposición de debuxos de Amando Suárez Couto (1894–1981) na oficina de Turismo de Ribadeo. Non é o mesmo ver os orixinais que as reproducións, e menos aínda que as fotos das reproducións nun blog en internet. Mais, como sei que hai xente que quixera velos e vai…

  • IESCHA

    Hai xa tempo, propuxen aquí mesmo a formación en Ribadeo dun ‘IESRiR‘ ou algo semellante para potenciar o coñecemento deste lar noso, o entorno de Ribadeo e a ría. Daquela (2007), a AVV O Tesón estaba en pleno funcionamento, o mesmo que a Paco Lanza, e deixábanse notar outras iniciativas máis illadas, pero ningunha delas…

  • Presentación do libro de Ángel Alda Diario de un Confinado en Olavide + Confinado en Ribadeo

    Como xa anunciara hai tempo no blog, vai ter lugar a presentación do libro de Ángel Alda ‘Diario de un confinado en Olavide‘, xunto co complemento ‘Confinado en Ribadeo‘. Será na Casa das Letras o próximo venres 4 de setembro, como reza no cartel adxunto, e, atención! necesitarase confirmar asistencia na Casa das letras (pode…

  • Un para todos, todos para un: Isaac

      Un para todos, todos para un: Isaac     Recibo nova de que mañá, 22 de agosto, é o centenario do nacemento de Isaac Diaz Pardo. E, como primeiro impulso, vou á Galipedia e comprobo, e, de paso, volto sobre a súa biografía. Estamos no verán, nun verán atípico, e desconectado das noticias que machacan…

  • Ocasións perdidas

       22 de febreiro de 2003. En Ribadeo convocábase á xente interesada para a asistencia a unha xuntanza aberta, de carácter internacional, para introdución ó teletraballo. Era unha das accións realizadas dentro do proxecto TES (Teleworking Education System), no que participaba un centro educativo ribadense, o IES Porta da Auga. Na xuntanza analizaríanse en particular…

  • Unha festa, unha música

    Unha festa, unha música é un artigo feito para o libro das festas patronais de Ribadeo 2001. Aí vai: — Posterior (abril de 2025). A raíz dunha petición recibida, deixo o texto con algunha corrección e en formato usual: Unha festa, unha música Festas patronais 2001. Neste ano que sona a Stanley Kubrick e Arthur…

  • 17 de maio 2020. No bico, un cantar

    Un ano máis, atópome o 17 de maio con ganas dunha celebración e unha lembranza queda. Día da letras galegas: celebración dun agasallo dos nosos ancestros e lembranza da súa construción diaria -ou destrución se non se actúa-. Día cabodano do pasamento de Hernán Naval: celebración por ser consciente de que non lle gustaría ser…

  • Obras en dixital

       Hai algún tempo, a máis dos sitios onde controlo eu todo o proceso en autoedición, algún dos libros que levo publicados é accesible en Galicia Dixital. Aquí deixo a páxina onde se poden atopar:  https://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/content/antonio-gregorio-montes

  • O día do libro: Nunha biblioteca

    biblioteca de Merced, CA, EEUU Nunha biblioteca Érase unha vez unha biblioteca pública. Primeiro, nos EEUU. Varios sen teito vense abocados a gorecerse da calor no seu interior. Mesmo a botar unha sesta. Ou a manter un pouco de hixiene. a falta de servizos sociais, a cultura ofrece os seu manto recortado de axudas. Varios…

  • O día do libro: Viaxe sensible

    pasando á beira dunha librería Viaxe sensible Chegar a unha vila e percorrela. Algo que queda coxo se non pulso a vitalidade a traverso dunha biblioteca ou librería. A distribución dos espazos no seu interior di da alma que se quer -e que se quixo- para unha sociedade, a que construíu -e constrúe- o entorno…