-
Exposición de obras de Arturo Mogo

Hai xa meses que Arturo Mogo ten expostas 12 obras súas nun par de fiestras / escaparate cara a rúa San Roque, fronte ó Portolés. Fágome eco aquí porque, aínda que saiu nalgunha nota, ten pasado desapercibido, seguramente debido ó aspecto do conxunto. Mesmo os reflexos fan imposible unha boa foto. Aquí quedan como…
-
Sobre a presentación de ‘En Brandán’

-
En Brandán, presentado pola autora, Lucía Ferro

Chega a segunda novela de Lucía Ferro, ‘En Brandán‘. A presentación, onde mellor que o sábado 16 de setembro ás 20:00 en Barreiros, na biblioteca pública? Lucía Ferro, Lucía Fernández Rodríguez, escritora de ‘Resaibo amargo‘ volve cunha historia onde parece que o burro da portada interpela a quen se achega cunha ollada intelixente,…
-
A homenaxe a Xusto Moreda, en marcha

-
Mapas de Ribadeo? Mapas de Vilalba?

-
Carta a Daniel Cortezón. Xusto Moreda

Na procura de material, chego ó libro de homenaxe a Daniel Cortezón e fíxome nun artigo que ven a conto da homenaxe que se prepara a Xusto Moreda. Cólloo para publicar, ‘Carta a Daniel Cortezón‘, colaboración de Xusto Moreda ó libro ‘Daniel Cortezón’, Coordinado por Matilde González e Manuel Valín, publicado no 2011 (ISBN…
-
Sobre Xusto Moreda. Celia Castro (2006)

A unha pregunta miña, pásame Celia Castro un artigo sobre a exposición que daquela tiña Xusto Moreda en Ribadeo, publicado na Mariña de El Progreso do domingo 30 de xullo de 2006, no apartado ‘Tribuna da Costa’ que, no marco da homenaxe anunciado para despois das festas, pode servir como introdución: SOBRE XUSTO…
-
O empresario ribadense Manuel Lens Úcar. Chemi Lombardero Rico

Deixo o apunte biográfico de Manuel Lens realizado por Chemi Lombardero (saiu na Comarca del Eo de 19 de agosto). Non aparece en Ribadenses destacados, pero vai nesa liña. O empresario ribadense Manuel Lens Úcar Chemi Lombardero Ribadeo nos últimos séculos non se caracterizou pola abundancia de veciños emprendedores. Houbo poucas persoas con…
-
Queimada de Cervo. Pablo Mosquera
A Queimada de Cervo Son XLV anos depurando o medio ambiente galego e mariñán. É un elixir para unir presente e ausente. Dende a procesión das ánimas ata a chegada das vestais a Souto. Entre bailes ao son das gaitas que chaman ao aquelarre. Un pobo celta que sabe loitar contra os malos agoiros. Unha…
-
Hoxe comeza: Letras no Campo

