Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Catedrais

  • De catedral mariña a resto arqueolóxico, sen deixar de reverenciala

        Hai poucos días saltou a nova: Mariña Patrimonio, en razón de estudos preliminares, defende a importancia arqueolóxica das Catedrais. Conxunto nesta entrada tres comunicacións que me chegaron de Mariña Patrimonio que considero importante manter xuntas para ver a liña de actuación dunha asociación non turística no enclave turístico por excelencia de Ribadeo e da…

  • Restos en Ribadeo

    Hoxe están de moda os restos romanos na praia das catedrais. Diso falaremos, pero por hoxe, serán outros restos máis próximos á vila os destinatarios. Coñeces a praia dos Bloques? Si? Se es de Ribadeo, é posible mesmo que de pequeno xogaras e ‘exploraras’ as súas covas, antes do recheo. Agora tamén as covas estanse…

  • Alegando as alegacións

    As Catedrais está de moda. Non só pola afluencia de visitantes, senón dende un tempo a esta parte, pola realización dun plan que, visto o visto, pódese chamar malamente de conservación. O plan, da Xunta, foi presentado como anteproxecto para facilitar alegacións. con anterioridade, o concello pedía unha nova figura e a limitación de visitas.…

  • Espectador privilexiado

    Onte tiven (unha vez máis) a ocasión de ser espectador privilexiado. Entendámonos, o privilexio ven sinxelamente de ser espectador case único dun acto que é público e onde se deciden actuacións sobre a vida do conxunto de Ribadeo: o pleno municipal. Onte eramos dúas persoas as que estabamos mirando o desenvolvemento do pleno, co que…

  • As catedrais

    Aínda non saíu no DOG. Si nos medios: Un novo anteproxecto para As catedrais. Así. O nome en realidade é algo máis longo: anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais. O dicilo ‘con todas as letras’ forza tamén a acotar máis as ideas relacionadas. Dia na nota de…

  • Apelando sobre as Catedrais

    Dende hai uns días, o concello ten colgada a súa apelación ó Plan de Conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais – Augasantas (Ribadeo), e tamén que quería facer un pequeno comentario. Pequeno, porque para quen teña lido o Plan, debera ser todo o máis unha liña introdutoria, e quen non o teña lido,…

  • Catedrais, Ribadeo, futuro

    Hai algún tempo saltou ós medios que o plan preliminar para As catedrais estaba listo. Pouco despois recollín nunha entrada as ligazóns e algún pequeno comentario. Dez días despois volto ó tema. Dende a entrada no blog, pouco ou nada se sabe dos anunciados encontros do alcalde con empresarios e veciños da parroquia, de comentarios…

  • Participando, que é xerundio: as catedrais pagan a pena

    Este verán, ó igual que noutras ocasións, as catedrais foron nova varias veces. Da sobrevisita ó vandalismo, pasando polo plan de conservación, escribiuse sobre ela e viuse no xornal a súa imaxe. E tamén se falou na rúa, e nos bares. Agora chegou o momento de participar doutro xeito. Quizais algúns pensemos que o sistema…

  • 921 mediomaratonianos pro Parque Natural As Catedrais

    Iso di a web de Campionchip Norte dos participantes nos 21097 m, e despois de velos pasar en Rodríguez Murias, créoo: mais de tres minutos de paso a menos de 1 km da saída é un espectáculo. Por iso deixo o vídeo ó pé. Coido que a idea (non sei quen foi a persoa que…

  • Catedrais, Xunta, intereses, nova…

    Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai…