Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: casas de indianos

  • Casas de Indianos en Ribadeo. III-Casa de Sela

    No mesmo xardín (en orixe, ‘Xardín de Sela’, hoxe -2016- xardín de indianos), xurde a mansión con pranta en U e xardín interno extenso desta familia retornada de México (a maioría o eran de Cuba), construída no 1869. Segue a ser casa familiar.

  • Casas de Indianos en Ribadeo. II-Casa do Óptico

    A orde é tal que veñen tomadas dende o ‘extrarradio’ daquel entón ata o centro, facendo un pequeno cambalache para chegar á máis representativa, a casa dos Moreno. Na casa do Óptico, xusto diante da anterior, xa se nota o ‘gurugú’, mirador que non é característico deste tipo de arquitectura, pero que se incorporou en…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. I-Cuartel vello

    O paseo con Ernesto Cruzado do outro día deume pé a sacar fotos de canta casa de indianos ribadense citou. Se poder especificar todos os detalles que dixo, nin aínda poñer todos os nomes familiares, comezo con este post unha serie sobre a que volverei despois con planos e detalles. O Cuartel vello adivíñase dende…

  • Sobre unha charla de arquitectura e urbanismo en Ribadeo

    Onte, nas ‘Xornadas de historia local’, foi a quenda de falar sobre Ribadeo, historia, urbanismo e arquitectura. O poñente foi Ernesto Cruzado Estévez e aledeime de ter ido. Non dixo moitas cousas novas (no sentido de que non as tivera escoitado antes), pero enfiou, categorizou, relacionou e ‘puxo en valor’ (segundo termos que se usan…

  • Paseo por Ribadeo

    Onte, as xornadas de Mar por medio tiveron un colofón que parece típico, pero que non o é. Fíxose un recorrido diante das casas de indianos (non de todas, pero si da maioría, dende a do Óptico á dos Moreno), pero o remate veu cunha visita á Casa dos Moreno. Ernesto Cruzado dirixiu unha operación…

  • A Torre dos Moreno e Ribadeo

    Onte estaba unha tarde clara e luminosa. A Torre dos Moreno tiña boa luz para unha foto. O mesmo o paxaro nunha árbore do parque. O caso é que de lonxe, a Torre da o pego da aparencia en bo estado, como símbolo de Ribadeo. De cerca, xa teño metido máis dunha foto con cascotes…

  • Ribadeo, Terra e liberdade

    Era lóxico. A primeira resposta de Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros, ó dito o día antes polo alcalde ribadense: ‘Si se refire a Barreiros téñolle que dicir que cada un de nós ten bastante que facer no seu concello para adicarse ao veciño‘. E é que as comparacións sempre son perigosas: fai ben as túas…