Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: casas de indianos

  • Sobre a Torre dos Moreno

    Sae hoxe na prensa a nova da venda doutro 10% … a cousa anímase. Despois da nova da venda do 50%, deixo de pronto só a referencia, o comentario virá despois.

  • O apuntalamento da Torre dos Moreno

    Xa está aquí. Os piares que soportaban, agretados, unha carga de vinte toneladas, xa están respaldados por unha columnata de puntais. Agora, din, queda a parte posterior. A aparencia da Torre, enrexada, é a dun enfermo na uvi, e ó tempo, á espera da operación a vida ou morte. Un enfermo ó que se lle…

  • A Torre dos Moreno: fin do preludio e algún dato

    O día 23 unha nota de prensa do concello levou a que mirara o DOG dese mesmo día, nun apartado referente a Ribadeo, que reproduzo embaixo. A cousa vai da Torre dos Moreno, Ben de Interese Cultural de Ribadeo (ver listado ó final), e o que se anuncia significa que a vía que máis ou…

  • Unha e mil vivendas

    Mergullándome para buscar unha serie de fotos atopeime con esta xa vella (2005) foto do ascensor da Torre dos Moreno (algunha das citas e fotos en Ribadeando: 1, 2, 3, 4, 5, 6, … hai moitas máis), unha das casas da serie de Casas de Indianos do blog, que aparece tamén recollida na Galipedia. O…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XX Casa no acceso á Atalaia (Casa de Panchita Acevedo)

    Fronte, á r/Trinidade Á esquerda, r/Atalaia Xusto no acceso a Atalaia (cruce de r/Atalaia e Trinidade) atópase outro edificio de indianos (casa de Dna. Panchita Acevedo); a súa parte traseira, axardinada, é máis salientable que o frontal neste edificio de gran extensión. Fronte a ela na r/Atalaia ten unha casa brasonada. Situación: http://www.openstreetmap.org/search?query=Casa%20de%20Panchita%20Acevedo#map=19/43.53779/-7.03796 (sinalando no…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XIX Casa na praza de Abaixo (Casa de D. Clemente)

    Seguimos en zig-zag ahegándonos dende r/San Francisco á Praza de Abaixo. Esta casa restaurada de xeito recente tamén era de indianos (a parte externa, evidentemente, segue a selo). O seu ‘nome’: casa de D. Clemente Situación: https://www.openstreetmap.org/search?query=Casa%20de%20D.%20Clemente#map=19/43.53715/-7.03994 (sinalando no nome do mapa aparece a situación) Mapa centrado no edificio

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XVIII Casa de Loriente (Lombardero)

    Para completar o zig zag na visita ás casa de indianos, pasamos da praza do mercado á rúa San Francisco, onde se atopa fronte ó parque a casa de Loriente, onde actuou o Doutor Lombardero durante moitos anos. Segue a pertencer á familia Lombardero, polo que coido que é abondo máis coñecida por este nome.…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XVII A Capela da Orde Terceira, un edificio relixioso

    Na mesma praza do mercado foi construído o outro edificio ‘público’ – relixioso de referencia indiana en Ribadeo, a Capela da Venerable Orde Terceira. O lateral que presenta á praza está hoxe descoidado, falto de uso excepto por vagabundos que o utilizan de cobixo.

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XVI O mercado, un edificio público

    Non é unha casa, pero si unha construción promovida por indianos, levantado no 1925 con estrutura de ferro, doazón de D. Ramón González Fernández, segundo consta no seu lateral.

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XV Casa en Vilaselán

    Hai que saírse de novo da ‘ruta principal’ e achegarse ó cruce entre a rúa da Lodeira e a antiga estrada de Vilaselán para ver esta outra casa de indianos, de dimensións máis reducidas que a media e hoxe ameazada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, pois na última versión coñecida era convertida parte da…