-
Nova marca de visitas mensuais a Ribadeando
De xeito inesperado para min, despois duns meses de comportamento irregular no número de visitas, o blog marcou un novo máximo dende que lle teño contador. 5178 visitas o pasado mes de marzo, achegándose ás 170 diarias, supera en máis de 10 visitas/día ó anterior teito establecido. Grazas a toda a xente que visitou o…
-
Mirando dende Galicia, a ver se ves o mesmo ca min
Deixo embaixo a toma de pantalla dos prezos de dominios de internet dunha empresa (Dinahosting, pero foi casualidade, podería ser outra). E, para corroborar que non é a única na que como mínimo debo dicir que noto ‘algo raro’, deixo embaixo dela outra toma de pantalla posterior (esta vez de Dondominio): (enriba, Dinahosting, embaixo, Dondominio)…
-
Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría
E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae ‘a devolver’ é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae…
-
O comezo da historia de Ribadeo en internet
O outro día pedíronme o correo electrónico para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo. Hai unha parte, anterior á web,…
-
Mirando fóra: hoxe, corrupción
De súpeto remato de atoparme un correo da Open Knowledge Foundation España ó partir do que chego a unha nova web interesante neste mundo da apertura de datos en España: o ‘repositorio de datos sobre procesos de corrupción‘ do Consello Xeral do Poder Xudicial. Despois dunha primeira ollada, coido que os datos son máis ben…
-
#5000_ribadeando
Chegou. Neste remate de festas patronais 2016 o contador de entradas de ribadeando xa marca as 5000, dende o 11 de agosto de 2005. Un número máis. Grande, si, pero un número máis que non implicará cambios diferentes dos que poidera haber noutras circunstancias. Celebración? Si, esta entrada, lembrando a xa vella primeira…
-
Humanización ou xentrificación?
Unha pequena serie de apuntes en espera dun auténtico comentario: – “Nazario: Era una ciudad de provincias y continúa siéndolo, pero en un momento concreto el alcalde Maragall empezó una labor de remodelación con motivo de los Juegos Olímpicos de 1992 y así surgió una especulación brutal. A partir de las Olimpíadas, aunque creo que…
-
Páxina pasaxeira. Experiencia no blog
Esta páxina: http://ephemeralp2p.durazo.us/84ed25a72c9c7565a1ca95b7cf73e3b7dceebd6120fbdd9fa33571fe43190fd7 autodestruirase cando deixe de haber persoas conectadas a ela. É unha experiencia nada en norteamérica este mesmo ano, que podes atopar aquí: http://ephemeralp2p.durazo.us/2bbbf21959178ef2f935e90fc60e5b6e368d27514fe305ca7dcecc32c0134838 (en versión transitoria, como esta) ou aquí: https://github.com/losvedir/ephemeral2/wiki/This-page-exists-only-if-someone-is-looking-at-it (en versión (máis) permanente. Ti podes crear unha, se queres. Mentres, a copia deste contido atoparala en http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/07/paxina-pasaxeira-experiencia-no-blog.html
-
Dende preto da Illa Pancha, en Ribadeo
Onte fixen un par de actualizacións, ‘Notas posteriores’ na entrada de datos sobre o hotel da Illa Pancha. Son sobre a superficie útil e a intervención na illa. Complemento o dato coa ligazón ó “Proxecto de rehabilitación del Faro de Illa Pancha, en Ribadeo, para uso lúdico”, realizado por Nuria Díaz López como traballo de…
-
Hai oito anos (8/4/07): Comeza a historia de Ribadeo
Hai oito anos, en ‘Ribadeo historia‘, un blog no que hai tempo deixei de publicar, abría a publicación co seguinte comentario: A historia de Ribadeo xa é vella. Pero non tivo aínda un blog adicado. Este pretende ser algo parello a esa adicación. Non se trata de comentarios, senón de documentos. De ir colgando en…