Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.447 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: blog

  • Un aviso pequeno: un post en FQ Ribadeo sobre aprendizaxe por medios electrónicos (3ª de hoxe)

    Pódese ver aquí o post “Consideracións sobre a migración á aprendizaxe-e”. O anterior, “Galipedia na aula” e o anterior máis, “Didactical History of a Science Fair”, por exemplo, tamén o están.

  • Contador de Linux

    Apunteime ó contador de usuarios de linux… e crecendo.

  • Entradas vellas (3ª de hoxe)

    Só unha lembranza do escrito no blog hai cousa dun ano, xa que non o fun poñendo día a día (tampouco están todas aas entradas):Varia, como dí o título, sobre varias cousas Unha fonte, sobre a fonte preto da antiga cárcere Un Un apunte: unha colaboración, aproveitando unha foto que me chegou. Ribadeo noble, sobre…

  • 1945 (2ª de hoxe)

    É o número de visitas do blog durante o mes pasado, unha nova marca de visitas mensual e media diaria, aínda que sexan 31 días, con preto de 63 visitas diarias. Na horizontal do gráfico, o número de mes, comezando en agosto do ano pasado, comezo do blog.

  • En Ribadeo, voltando á normalidade

    Despois duns días fóra, sen moito acceso a internet nin ás novas de Ribadeo, parece que pouco a pouco volta o blog á normalidade. Apunto un enderezodunha entrevista que me fixo Mariano Grueiro pillándome desprevenido sobre o plan Galicia e outras cousas relacionadas. Tamén apuntar que o concello segue a pagar (de xeito totalmente retrasado…

  • O Castro das Grobas, algo máis de Ribadeo na Galipedia (2ª de hoxe)

    Hoxe metín ó castro das grobas na Galipedia. Lembrade que pode aumentarse… Por non poñer outro post, unha segunda aprte posterior. Remato de recibir unha ligazón a outro conxunto de fotos do castro das Grobas, a parte da presentación sobre o castro das Grobas que xa puxen nun post anterior sobre o mesmo tema de…

  • Paseo ó castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo

    Onte foi o día do paseo ó castro das grobas, para ensinalo e velo máis en profundidade. Pouca xente, pero con amizade e ganas. Aquí está unha presentación preliminar. (hai máis fotos sacadas, xa se verán)

  • Sobre o blog. Sobre este blog de Ribadeo

    Onte descubrín que o blog aparece como primeiro na lista de procuras sobre Ribadeo cando se trata de contidos libres. Pódese atopar en http://search.creativecommons.org/, procurando por ‘Ribadeo’. Nas procuras sen esa limitación de estar incluído nunha licenza libre como creative commons (ver abaixo de todo), de liberdade de contido, nos primeiros postos da procura aparecen…

  • En Ribadeo, hai un ano (2ª de hoxe)

    Só unhas verbas para dar conta de que, hai un ano, había unha nova sobre Hernán Naval, e hai un ano e un día, daba nova de que Ribadeo estaba ligado na páxina de A Nosa Terra, e unha foto cun ‘Minitesón’, na que falaba asemade da exposición ‘A ciencia ten nome de muller’

  • Un agasallo (2ª de hoxe)

    Hoxe, Mariano Grueiro fíxome un agasallo: a captura de pantalla da visita 15000 ó blog, que emprego agora como decorado. Graciñas!