Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.481 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: blog

  • Revisitando a manifestación

        Ría si, nave non. Despois de realizada, unha manifestación en Ribadeo da para pensar moito nela. En Ribadeo hai unha manifestación como moito ó ano (no que vai da década, coido que van tres), co que cada unha marca unha especie de punto crítico que debera analizarse con certa profundidade. E iso pretendo en…

  • Só unha minientrada…

    … para lembrar que sigo aquí, aínda que esta tempada non publique. Para quen tamén esteña por aquí, vémonos domingo na manifestación Ría si, nave non.

  • Máis notas

    Despois da nota de prensa sobre a manifestación do día 10, remato de poñer dúas notas de prensa do concello no blog correspondente, unha sobre o aparcadoiro de Augas Santas (que xa comentei someiramente) e outra un agradecemento na restauración dos cocos (máis ben, segundo teño entendido, en facerlle novos traxes ós cocos).

  • Sobre as notas de prensa do concello

    Hoxe comecei a poñer no blog notas de prensa do concello, que me comezaron a pasar de xeito direto. Isto ten as súas ventaxas e inconvintes, que quero compartir de xeito rápido cos que pasades por aquí. Ventaxas por estar ó tanto de todo o do concello. Inconvintes porque as notas non poden ser asépticas,…

  • De políticos e veciños

    Comecemos polos veciños: O Tesón celebra hoxe a súa Asamblea anual extraordinaria: E os alcaldes da Reserva da Biosfera celebraron onte unha xuntanza. Na foto da Voz de Galicia véseos cos dous conselleiros dispostos a gastarse o millón de euros que din que van a ter que gastar antes de fin de ano: para eso…

  • Documentos para xulgar

    Mentras comeza a sentirse o efecto da folga de transporte (aínda despois de chegar a un acordo con partes implicadas que non tiñan convocada folga), hai cousas que hoxe en día son moito máis doadas de transportar/acceder e que rematan tendo tanto efecto como estas outras máis visibles. Son ‘os papeis’. Papeis como os que…

  • Un aviso

    Atópome hoxe ó abrir o blog un anuncio ó final. Supoño que non terei xeito de desfacerme del, por algo o aloxamento é gratuíto. Pero non o vexo nos outros blog que manexo. Probo de novo, renovando a páxina, e non sae. Isto é un misterio. Así que xa veremos…

  • 11,9%

    Unha pequena subida en relación ó mes de marzo do ano pasado…

  • 50000

    Por certo, pasóuseme a cifra de 50000 visitantes do blog, que debeu cadrar hai cousa de un par de semanas polo menos.

  • Amañado

    Xa está dispoñible en http://www.ribadeo.cc/agremon/entroido.odt a versión en formato normalizado .odt do libro 25 anos de entroido ribadense. O sitio, Ribadeo.com. Os autores, Pepe e Gilberto. E o ‘intermediario’, eu. De xeito alternativo, con algo menos de resolución, en Xesdo.