Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.336 posts
31 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: blog

  • Exposición de Cogomelos

    No blog Física e Química en Ribadeo remato de meter unha colección de fotos da exposición de cogomelos deste ano no IES Porta da Auga. Este ano a choiva impediu saír dun xeito organizado na procura de cogomelos ós alumnos, pero aínda así montouse unha pequena exposición a cargo do Depto. de CCNN. Entradas da…

  • Mañá, sábado

    Despois de deixar dúas novas notas de prensa do concello, sobre o parque de indianos e a recuperación das cetáreas de Rinlo (audio incluído), unha pequena entrada para lembrar un feito importante para a comunidade ribadense, incluída a parte no exilio: Mañá celébrase a asamblea anual de Amadores, e a extraordinaria despois dela, esta última…

  • Pouco a pouco

    Pouco a pouco vai mellorando a técnica. Remato de engadir o primeiro mp3 no blog de notas de prensa do concello de Ribadeo. Co tempo, espero que chegue a xeralizarse a cousa.

  • Un artigo alleo

    Vexo hoxe no blog de Jorge Cortell varios artigos que me gustan sobnre política, ideas e sociedade. Deixo só unha ligazón, que fala no mesmo sentido que teño feito eu en moitas ocasións.

  • Progresos

        Hoxe a prensa trae progresos da humanidade: o premio Nobel para Martti Ahtisaari, ó tempo que Videla ingresa no cárcere. Por suposto, tamén atentados ó longo do mundo, que deixaron de ser novidade hai moito tempo, en particular por Afghanistán-Paquistán-Iraq, e a nova emerxente dende hai meses, as últimas desgrazas económicas motivadas dende a…

  • Un par de precisións sobre piscifactorías e Ribadeo

    O outro día, na entrada sobre piscifactorías, a) tiña mal unha ligazón, a correspondente ó informe sobre patrimonio, e b) deixei sen poñer a captura de pantalla correspondente nel á piscifactoría de Foxo Longo, Meirengos,que adxunto agora (como sempre, ampliable premendo o botón esquerdo do rato sobre ela).

  • De onte e de hoxe

    Onte entereime do servizo de Google de procurasde webs anteriores a 2001. Se nel se procura Ribadeo, atoparase en terceiro e cuarto lugar a miña vella web, aínda activa pero totalmente desfasada, creada aló hai máis de 14 anos. da un pouco de nostalxia. Onte tamén traía a prensa a reapertura da ponte xa con…

  • Novidades na blogosfera ribadense

    Dende esta páxina debemos dar a novidade de dous blog en Ribadeo, ambos en wordpress e de autores incógnitos polo momento. Un xa leva un mes camiñando (e foi referido nunha entrada anterior), http://ribadeo.wordpress.com/, aínda que parece que foi a semana pasada cando se lanzou de xeito definitivo. Parece que será adicado ás novas do…

  • Revisitando a manifestación

        Ría si, nave non. Despois de realizada, unha manifestación en Ribadeo da para pensar moito nela. En Ribadeo hai unha manifestación como moito ó ano (no que vai da década, coido que van tres), co que cada unha marca unha especie de punto crítico que debera analizarse con certa profundidade. E iso pretendo en…

  • Só unha minientrada…

    … para lembrar que sigo aquí, aínda que esta tempada non publique. Para quen tamén esteña por aquí, vémonos domingo na manifestación Ría si, nave non.