-
De obama a Ribadeo
Coido que unha pequena nova sobre Obama pode dar unha imaxe do que se esperaba da páxina web do concello ribadense e … seguiremos a esperar.
-
Armóuse o belén!
… por algo foi noiteboa. Bo Nadal co belén de Vilaselán. A notar que o neno-Deus aínda non está presente (aínda non nacera) e os reis están a comezar o seu camiño. Vese asemade que o Belén está chantado dentro doutro mundo, aínda que se tente adornar como facendo un a parte.
-
Aclaración: a historia do blog
De cando en cando, a falta de novas (hoxe, por exemplo, á espera de que o gordo toque en Ribadeo) ou un pouco por pasotismo, collo cousas do propio blog. O outro día, en ‘Temperatura ambiente‘ atopei un comentario pedíndome explicacións sobre o nome do blog, que califica de desafortunado despois de aminorar un…
-
… bo Nadal
a todas as xentes. Sen discriminación de vontade: ás de voa vontade, por dereito, e ás de non tan boa, por fe nas persoas. A imaxe, unha montaxe no taboeiro de anuncios do IES Porta da Auga.
-
Unha carta ó director rexeitada
Remato de recibir hoxe, o día do rexeitamento da eurocámara á ampliación a 65 horas de traballo semanais, a contestación dunha carta ó Director de El País, enviada por min o 2/12/2008, é dicir, hai 15 días. A resposta é que non teñen espazo. Como no blog si que o hai, póñoa tal cual, mesmo…
-
Accesibilidade
Parece que o concello non só non permite facilidades para acceso de discapacitados á casa do concello. Pódese ver que na flamante nova web tampouco está permitido linux, por exemplo, para ver as fotos aéreas. É dicir, quen quera ser libre en internet será equiparado a un discapacitado… Os outros poderán ter a ilusión de…
-
Superación de filtros na información
Hai veces que me pregunto como ter acceso a información de Ribadeo. O certo é que hai veces que a ocultación de información ou a censura están nos lugares menos pensados. Por exemplo, no acceso á rede. Por iso, aínda que non sexa de Ribadeo, deixo aquí a ligazón un pequeno manual para sobrepasar os…
-
Obama escolleu a mesma licenza
Para os sitios web de cambio amiño da Casa Branca que a que teño hai tempo eu por defecto: http://change.gov/about/copyright_policy (visto aquí). Unha boa nova para a xente que quere desfacerse de constriccións culturais que pretenden facer monopolios, algo que agora está de moda intentar (o de facer monopolios culturais)
-
Ribadeo, mundo adiante
Atópome con esta entrada adicada a Ribadeo no blog do ‘El Ángel de Olavide‘. Un refresco dun amigo para o Ribadeo de verán.
-
Promoción de Ribadeo
Vexo un par de promocións de Ribadeo. Unha, na revista do clube de lectura Biblos, na que se promociona ‘Os mortos van á présa’ cunha foto en Rinlo onde saen varios ribadenses, e outra, coa nova de que patrimonio autoriza ‘melloras’ en Porcillán, a maior groria do Clube Náutico e como primeira andanada de noticias…
