Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.447 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: blog

  • En código cero, en relación á Galipedia

    Wikipedistas galegos e españois xúntanse en Santiago para impulsar o capítulo estatal da Wikimedia A revista completa en pdf

  • Acusados

    Interumpo o que tiña pensado facer hoxe no blog, seguir co comentario do pleno de antonte, para meter algo persoal. Despois de saír do traballo onte, atópome alguén que me di que na COPE se me estivo acusando (a min e ó Tesón) de información privilexiada a partires dunha nota da AVV Atalaya. Como non…

  • Aprendendo de Piñeira

    Un folio na porta dunha igrexa, un avance social? Porque iso foi o que vin esta mañá na igrexa de Piñeira. ¿? Se o folio se refire á dación de contas da última festa da parroquia, significa que o domingo será de dominio público a información publicitada, información da que disporán tódolos veciños. É ou…

  • Internet e Ribadeo

    Dende hai tempo, a relación internet e Ribadeo é mellorable, o que xa ten dado orixe a varias entradas no blog. Como pode comprobar calquera, internet non é aínda para todos os ribadenses. Agora remata de saír un grupo en Facebook que o pon máis de manifesto e chama a acción. Seguramente sairá unha nota…

  • Puntuación do blog

    … Hai uns días entrei no ‘blog del día’ e vin que tiña unha especie de test para avaliación de blogs. Sabendo que esas cousas son pouco menos que indicativas, fíxeno e non quedei moi contento. Pero é o que hai… Blog del Dia ¿Eres buen blogger? (Non fiarse de que a clasificación sexa ‘Buen…

  • Procuras en Ribadeando

    Remato de poñerlle unha nova posibilidade ó blog: as procuras internas (en realidade, en ribadeando, publicado en Ribadeo, feiras de ciencia na Galiza, …). Está no lateral dereito, xusto antes da predicción meteorolóxica, como indica a imaxe.

  • Copiar non é malo

    Aproveitando a licenza CC do sitio de Nina Paley, traduzo (ó meu xeito …) e póñoo en Ribadeando unha entrada relacionada co movemento mundial a favor dunha cultura libre. Unha nota previa: o texto do video está en inglés, traducido abaixo, pero coido que só coa imaxe e o ritmo pódese sacar case toda a…

  • Manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en Internet”

    Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

  • 12 de outubro, día das Pilar

    E despois de felicitalas, lembrar que tamén é día das FFAA, e da ‘hispanidade’, da ‘raza’, da… mellor, pasar a ver algunha cousa nova no periódico Diagonal ou en Im-pulso ou nunha das web e blog citadas neste outro enderezo relacionado, se non queres pasarte por outro dos blogs no lateral, ou ir a sitios…

  • O esencial é invisible ós ollos

    (publicado na Mariña / El Progreso o 4/10/1996, e en http://personal.redestb.es/agremon/marina/marina1.html ) Flor III. Así se titula o 1º premio do certame fotográfico medio ambiente 96 organizado polo ateneo ferrolán. A fotografía é sinxela: a central térmica das Pontes iluminada de noite, con tres das catro torres de refrixeración xerando vapor de auga, que forma…