Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: bici

  • Dando unha volta sobre a bicicleta

       Cada vez aumenta máis a diferencia de posibiliddes de mobilidade entre as cidades e os pobos e o campo. Cada vez máis, a técnica desenvolve métodos comunitarios ou non que son máis doados de aplicar nas cidades e menos en lugares con baixa densidade de poboación ou núcleos pequenos. Por iso, cada vez máis,…

  • Algunhas normas para circular en bici por Ribadeo

    Hai xa tempo, hai varios mandatos, aló pola década dos dous mil, que en Ribadeo houbo xuntanzas varias impulsadas dende o concello para construír un plan de mobilidade. Aquelo desapareceu, tragado non sei ben por que. Hai abondos menos anos, houbo durante case un ano un paseo mensual para chamar a atención sobre a mobilidade…

  • Deporte e transporte parécense

    Aparcadoiro de bicicletas do modelo posto de xeito recente en Ribadeo (pza. 8 de Marzo) Este fin de semana houbo en Ribadeo dúas actividades deportivas multitudinarias. A primeira delas (segunda no tempo), a festa da bicicleta, reuniu a varios centos de persoas que un ano máis se deron un paseo festivo o domingo pola mañá…

  • Ribadeo, vila amiga das bicicletas?

    Iso é o que di un cartel que me atopei onte ó entrar en Ribadeo: Contrasta con non deixar arcén uns metros máis aló do cartel: E con non facer nada dende que se realizaran aquelas xornadas de sostibilidade e mobilidade, con participación cidadá para aportar ideas e discutir, hai cousa dunha década. Por facer…

  • Sobre un titular de hai varios días: ‘Levarei a Fomento ante a xustiza se pasa algo na ponte’

    O titular, collido de A Mariña de El progreso do domingo 20161106, continúa advertindo por boca do alcalde de que ‘o tamaño das beirarúas é ilegal’ (uns 70 cm, un pouco máis espaciosa a da parte norte que a que mira ó interior da ría), axustando máis adentro na nova que os motivos do titular…

  • Ribadeo en bici, edición N16

    Unha lembranza para mañá: “Como todos os venres primeiros de mes, facemos un chamamento aos amantes das bicis para concentrarnos no Canton. Mais tendo en conta que xa inciamos o novo horario de outono-inverno, vamos cambiar a hora habitual e concentrarémonos ás 18.30h.  Queremos convidar a todos e todas as persoas ribadenses e non ribadenses,…

  • Vilar non se escribe con b de bicicleta. Un comentario

    Venres 7 de outubro, 19:30: 25 persoas unímonos un primeiro venres de mes máis no paseo manifestación pro bici en Ribadeo. Non chegamos ata o Vilar, esa zona comercial e de servizos que segue a medrar entre Ribadeo e o polígono industrial que non remata de arrincar. Non estaba previsto chegar ata o Vilar, mais…

  • Venres, Ribadeo en Bici

    Un novo comezo de mes , unha nova edición do evento Ribadeo en bici. A convocatoria: ” Este venres de principios do mes de outubro, voltamos a facer unha concentración-pitada de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, nos concentrará no Cantón cum novo horario que será ás 7,30 da…

  • Apuntando cousas para os políticos

    Onte mesmo un amigo comentábame da actualidade da mobilidade en Pontevedra (cidade gobernada polo BNG, ó igual que Ribadeo -en ‘cor do equipo de goberno’-) e hoxe, pola web, recibo unha ligazón que afonda no mesmo. Curiosamente, como é típico destas iniciativas, nótase que pola razón que sexa, no mapa da ‘Rede de cidades pola…

  • Bicicletas en Ribadeo

    ‘As bicicletas son para o verán’ é o título dunha película que trata de aproveitar algo que se considerou por moita xente moitas veces de xeito subconsciente. Parece que como no inverno fai frio e chove máis, ‘no é tempo de bicicletas’. En Ribadeo, no verán, certo, hai máis bicicletas, en particular, de xente moi…