-
Ribadeo e a auga
Agora mesmo, está a chover. Auga. Mais non é desa da que quería falar hoxe. Nótase algo na foto? Gústame a auga da billa… normalmente. As queixas pola auga en Ribadeo non son cousa nova. Veñen de lonxe. E non só polas averías e liortas sobre a necesaria modernización da rede de abastecemento, senón pola…
-
Do aforro de auga, por Iván Rodríguez Lombardero
CC by 2.0. Autor: Angie de Sawara, Chiba-ken, Japan A auga é un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, é axente de erosión e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara ó mar, sen os que non sería posible nin o mantemento das praias nin o…
-
Auga e Uralita
Ben, debería dicir auga e fibrocemento, pero o certo é que dicir fibrocemento, no seu momento, era como nomear a Uralita, e viceversa, do mesmo modo que se segue aínda hoxe a dicir ‘Cello’ á cinta adhesiva aínda que hai tempo que as principais marcas son outras. A cousa ven porque esta tempada unha fuga…
-
Cumpreanos da contaminación ó Lexoso
Cinco cumpreanos. Cinco anos é o que leva denunciándose a contaminación producida polo CAVI (Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños). E seguimos. Agora, En Marea preguntará no Congreso a ver que pasa. Mentres, a nota de prensa do alcalde de hai uns poucos días (23 de marzo) manifesta ás claras un problema que vai máis…
-
Hoxe hai pleno (aínda que a información del estea baleira)
Hoxe hai pleno. Di a prensa que ás 20:30 [, cando o normal ata o de agora é que se celebren ás 20:00, pero] é a referencia que teño: a estas alturas, o mesmo día a primeira hora da mañá, non hai nada colgado na páxina do concello. /Nota: rematan de confirmarme a hora: 20:30/…
-
Ribadeo e Varoufakis
Que eu saiba, Varoufakis non estivo nunca en Ribadeo, nin dixo nunca nada sobre o noso pobo. Nomeándoo. Porque sen nomealo, non é xa a primeira vez que as súas verbas lle afectan. Nunha última tribuna de opinión, xunto con Benoît Hamon, onde lle pregunta a Draghi, xefe do Banco Central Europeo, de que ten…
-
Noticia! Dous meses sen novas de verquidos do CAVI!
Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na ‘Voz’ dese día deixa clara a situación: “Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo Es lo mismo que ocurrió en…
-
Limpando o encoro de Vilamariz
Fíxose estes días: o encoro de Vilamariz, vacío e sen toda a cantidade de lama que lle impedía acumular auga. Na primeira foto, a beira esquerda do encoro, enfocando cara á ponte pola que baixa o rego de Noceda. A segunda, o muro e a beira dereita do encoro. O fondo do encoro, coa baixada…
-
Consumindo en Ribadeo
Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade. A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da…
-
A auga que bebe Ribadeo é branca ou tinta e ten sabor
Collo a referencia do estribillo do ‘viño que bebe Asunción’ para chamar a atención sobre a auga de Ribadeo. Non é a primeira vez que me refiro a ela. Hoxe, a conta de varias referencias á auga, parolando con outra xente sobre como saía da billa onte, lembreime dun folleto que editou hai pouco a…