Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: astronomía

  • O ceo de noite, o ceo de día. Xornadas sobre astronomía en Ribadeo

    O ceo de noite, o ceo de día. Celebraránse dúas sesións, de duración estimada 2h cada unha, en colaboración coa A.C. Xerfa. 10/08/2010 ás 22:00 horas, na Casa da ría de Ribadeo O ceo de estrelas en agosto. A cargo de Alfonso Piñeiro Material: Poden traerse prismáticos, telescopios ou planisferios celestes. 11/08/2010 ás 10:00 horas,…

  • De todo, no verán e en Ribadeo

    O mellor agosto, despois de queixarse dun xullo que coido que non foi malo aínda que os houbera mellores. Ise parece ser o resume do turismo neste verán que aínda non rematou pero no que xa se nota o descenso de xente. As colas na oficina de turismo de Ribadeo son clarificadoras (ver ‘overbooking‘), aínda…

  • Medindo o tempo

    En agosto o tempo máis ben se deixa escapar que se mide. Non obstante, o concello e a Universidade de Santiago pretenden nos próximos días un cursiño para a construcción de reloxios de Sol. Recollo da web do concello: AS ACTIVIDADES COMENZAN O 7 DE AGOSTO Reloxos de sol e astronomía na Casa da Ría…

  • O noso medio

        Onte a casa da ría foi visitada por xente da Universidade de Santiago. Non o foi por José Angel Docobo, artífice das relacións no campo da astronomía entre USC e Ribadeo, senón polo Vicerector encargado de relacións institucionais, Elías Torres, o que deu lugar non a cousas concretas, senón máis ben, polo momento, a…

  • Electricidade, custo e distribución

    Pódese entender que unha facturación sexa mensual con estimacións un mes e medidas outro? O que hai é unha tomadura de pelo na que non se quere aumentar persoal para cubrir postos a pesar das reformas legais. Begasa viña facturando cada dous meses. Agora ten que facelo cada mes. E para adaptarse non se lle…

  • Privatizator, barras sen estrelas en Ribadeo

    Privatizator (ler ‘privatizéitor’): Neoloxismo. Individuo ou entidade adicada á privatización. Traducible ó galego e ó castelán por ‘privatizador/privatizadora’. Como ilustración, as fotos acompañadas dunha cita, ‘Os muros separan máis que protexen’ (Thierry Paquot, ‘Los muros del miedo’, Le Monde Diplomatique, ed. española,) e dun post anterior, ‘Privatizando Ribadeo’ Ó fin, os reis magos si que…

  • A casa da xuventude, por fin

    Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude. Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se…

  • Astronomía fóra de Ribadeo (se fora gastronomía…)

    Cavilei na astronomía ó repasar unha vella Comarca, de hai 6 meses, que daba nova da reparación da Casa da Ría de Ribadeo. Por aqueles días pedín a chave para a asociación de astronomía de Xerfa, e aínda estamos esperando para poder usar o telescopio. En fin, algún día (posiblemente) o telescopio voltará funcionar como…

  • Máis xira

    A xira de Santa Cruz leva varias entradas adicadas no blog. Esta é outra. Pretendía facer fotos de cómo quedara Santa cruz despois da xira, e leveime unha sorpresa de como estaba quedando: outros anos, tempo despois quedaba lixo por todas as beiras, e este estaba abondo recollido. Din que este ano había menos xente…

  • 2 anos, dous meses e…

        Ese é o tempo: máis de dous anos e dous meses. Pero por fin, a cúpula da casa da ría parece que está amañada. A ver se mañá podo pasar a colocar o telescopio no seu sitio. Aleluia!     Hoxe non hai máis. Coido que é abondo.     Externa: Teño case rematado de introducir…