-
Sergas, hai alguén aí?
Copio en baixo unha queixa presentada estes días nun ambulatorio galego. Enténdese que a queixa vai contra o sistema, non contra un ambulatorio en concreto. Por iso, por estar queixa en trámite e pola preservación da intimidade, suprimo os datos identificativos de paciente e instalación sanitaria na copia, polo demais fiel ó texto da…
-
Manifestación o 18 de xuño en Ribadeo, ás 12 horas diante do concello
Recorto dunha foto de Suso Fernández o cartel que serviu o pasado 11 de xuño en Lugo para encabezar unha manifestación polos servizos públicos, residencias e sanidade incluídas, pero abranguendo toda a gama de servizos. Uns servizos que necesitan o apoio de todos para ter dotación abonda e ser subministrados en condicións. Para todos. O…
-
Manifestación aquí, en Santiago, en Madrid, no mundo… vistas dende Ribadeo
Imaxe cedida ó dominio público, collida de commons.wikimedia.org A fin de semana pasada tiveron lugar dúas manifestacións, unha na praza de Colón de Madrid, e outra na praza da Quintana de Santiago, que tiveron diferente tratamento mediático. É complexo tentar unha comparación, pero coido que o tema a merece, ao menos parcial, insertada dentro doutras…
-
Sanidade, tren, estrada… que máis?
De xeito contínuo na prensa nos bombardea con novas de todo tipo. entre elas, están as novas da zona, que máis aló de incidencias concretas, ofrecen unha visón local de fenómenos a maior escala. Hoxe mesmo pódese ver a referencia á perda de autonomía e servizos, xunto con listas de espera longas e truculentas no…
-
Diferencias e normalidades
Onte foi domingo. Un día que marca a diferencia co resto da semana. E onte quedou patente. Levantou o día con chuvia e foi difícil saír á rúa de xeito calmado sen levar paraugas ou sen mollarse. Tanto así que a algún foráneo escoitóuselle algo como ‘es que os olvidábais de que estamos en Galicia?’…
-
De Burela a Lugo, pasando por Ribadeo, en man
‘O sistema’ é corrupto. ‘O sistema’ está a facer dano ó planeta’. ‘O sistema’ é ineficaz. E chega ó absurdo. Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que ‘o sistema’ está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse –…
-
Podemos deixar de ser dependentes.
Teño algún coñecido que insiste na vella provincia de Mondoñedo para afirmar a Mariña como entidade, lonxe do centralismo lugués. Hoxe a prensa lembroumo, con titulares como que os mariñáns peregrinamos a Lugo en pos de xustiza, a non menor peregrinación ó Hula para cuestións sanitarias, a conto de que queren que apoiemos que non…
-
Cachondeo a conta da sanidade. Quen cura á sanidade na Mariña? Pequena historia para comprender os últimos anos.
Hai xa moito tempo, a metade da viaxe do bipartito en Santiago, que se formou unha plataforma de defensa da sanidade pública no hospital da costa. Daquela había un cheiro a que o hospital ía quedar desatendido para promover o ‘grande hospital’ de Lugo, que era só era un proxecto en marcha. Antes aínda houbo…