-
Aquí se duerme fenomenal…
… dixo Zapatero tras a súa primeira noite nos Oscos, unha noite normal, de semana, na que nalgunhas zonas de Ribadeo non se durmiu tan ben… Deixando a Zapatero durmir, a Comisión de Goberno de Ribadeo non tratou o tema da licenza de Acuinor. Ó que parece, o tema segue proposto como estaba…
-
En espera doutra crise
… porque a correspondente á paga do alcalde xa finalizou, como se esperaba, no pleno de onte. José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas farán parte da xunta de goberno (60€/xuntanza, como o resto dos participantes excepto o alcalde, que ten a paga integrada no soldo). Terá que cesar un membro do BNG…
-
Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible)
Hai xa tempo que a AVV O Tesón ten publicadoo libro titulado como este artigo, Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible). Foi subido á rede en webcindario, nun blog con apenas mantemento hoxe por hoxe, e agora duplico a entrada http://ribadeo.webcindario.com/O_Teson/RibadeonoTempo/ referida en https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/07/loraela-ondes-ests-en-ribadeo-cecais-e.html: Aquí tes un libro, Ribadeo…
-
Unha nova do blog: 30 000 entradas
Nalgún momento, cara ó comezo desta semana, o blog acadou as 30 000 entradas. Grazas a todos.
-
Dende Ribadeo, percorrido virtual pola Semana Santa e o seu significado
Dende Ribadeo, percorrido virtual pola Semana Santa e o seu significado O título corresponde máis ou menos ó contido do pregón que o sr. Bispo de Mondoñedo fixo onte na igrexa parroquial correspondendo co chamamento á Semana Santa. Nun ambiente no que a igrexa (enténdase, o local da igrexa) se foi enchendo a medida…
-
Un artigo vello para reflexionar sobre Ribadeo: ‘O que é o mundo’ (2ª de hoxe)
Despois de reflexionar un pouco sobre o pleno de onte na corporación de Ribadeo referido na entrada anterior, e aínda a falta de máis información sobre a parte do pleno na que non estiven, relein un artigo que parece ter pouco que ver con el. Nembargantes, unha volta leido, xa non penso igual. Por…
-
Pleno o pleno de Ribadeo
Mágoa, alongouse de máis e tiven que marchar. Foi curioso ver a un público que non se achega por alí normalmente, de tódalas tendencias, pero de xeito preferente PP, achegarse a un pleno inusual. Nel faltaban candidatos ás eleccións xa nomeados. Non foi curioso porque o goberno estivera en minoría (a orde do…
-
En minutos, pleno (2ª de hoxe)
Mentalizado para o pleno, despois de ler a entrada do blog do cargadoiro,(1). ver como se limpa, … e ver que o debate sobre o sacar ou non os soldos non vai de cara a facer cousas que os xustifiquen, senón a defenderse con cousas como ‘fago parello ó que fixeches ti’ (ver…
-
Expectación en Ribadeo (pero menos)
Despois dun espectáculo, vacuo, ó que lle ven moi ben o nome en relación á actualidade ribadense, parece que hoxe o pleno presenta morbo pero non substancia: que fará Santiago? pouco importa se non hai contido. Pero eso non impide que a xente se pregunte que apsará, mentras outros miramos para outro lado: …
