-
De improperios e patadas a sorrisos
Tanto a fin de semana como a noite de luns a martes sucederon casos de agresións á Guardia Civil; no primeiro, no mesmo cuartel; no segundo, no centro. Non deixan de ser curiosos ambos, pois parece que nos dous casos reinaba a calma na veciñaza. En contra de accións como as anteriores, a Paco Lanza,…
-
De Ribadeo á Coruña, eleccións
Mañá sábado, un grupo de xente do IES Porta da Auga viaxará á Coruña con montaxes da Feira da Ciencia ribadense. O parque de Santa Margarita recibirá ese día diversas representacións de desenvolvementos de ciencia feitos por centros de Galicia, e o IES estará entre eles. E é que en Ribadeo estamos adiantados. Por exemplo,…
-
Ribadeo, procesión do Santo Encontro 2007
Deixo unhas fotos da procesión do encontro que remata de pasar. Veume a cabeza que Xesús tan pronto estaba rodeado de multitudes como só, cando vin ó cura acompañado na procesión por un dos membros da organización (logo non só; os que ían na procesión coido que van noutra calidade diferente e polo tanto non…
-
Detalles no Via Crucis de Ribadeo: mea culpa
Despois do pregón, podería dicir que me gustou, pero non é esa a intención dun via crucis nin a miña ó ir. Polo tanto, omito esa parte. Teño que dicir que ía titular a entrada como ‘Vía Crucis ou calamares fritos?’, pero optei por non facelo para evitar malas interpretacións. O caso é que ó…
-
Pregón
As festas xa están aquím polo menos foron pregoadas pola posta de atracións no parque e polo pregoeiro oficial. Nembargantes, en certo xeito, as festas xa pasaron, e o que se achega son un remedo algo máis para o s do pobo, qu enon pode competir coa afluencia de xente do verán. Tampouco é de…
-
Un repaso (2ª de hoxe)
Levaba varios días sen ler a prensa local, e atópome con varias novas que casi me obrigan a referirme a elas: Augasantas non é que non teña bandeira azul, é que hai que prohibir o baño por non ter nin vixiancia… (algo xa falara a semana pasada…) así, non creo que prospere a petición en…
-
Estatísticas. Ribadeo tamén?
Ontes foi un día estatísticamente curioso para min. Traía a prensa unha cousa que hai anos non coniderei que fora posible: en Galiza xa se produce máis enerxía por mor do vento (eólica) que pola auga (hidráulica). E eso que somos o país da auga. Claro que estes días tamén o somos do vento, e…
-
Ribadeo, a vila dos sete miradores e o día do libro
Pódense facer outras contas, pero Ribadeo ten sete miradores que eu conte, un para cada día da semana: Cargadoiro, San Miguel, Calvo Sotelo, Atalaia, Auditorio, Mineral e Santa Cruz. Alguén coñecerá o de Calvo Sotelo como o de Obras Públicas, por exemplo, pero eses son. Que eu saiba, ningún está indicado dende o centro do…
-
As manchas son perigosas
O lixo non senta ben, cae mal. Neste caso, fai caer mal. A mancha de aceite que se observa na foto estaba pola noite do 14 á saída do parque, e o 15 pola mañá avisei: a noite anterior caera e xa veremos como vai a miña man a consecuencias da caída. Agora está algo…
-
Veño do concerto
1ª parte, grupo de metais, con 3 marchas. 2ª parte, banda, e despois de ‘Redondela’ de Soutullo, banda&coral con panxoliñas e final co segundo vals de Shostakovich. Bo, o final, coma sampre, a Marcha Radetzki. E a sorpresa, felicitación dos músicos e ‘A viuda alegre’ á que foron invitados a bailar os cativos e non…
