-
A voltas co deporte
Dicía alguén (e é o título dunha película visible) que as bicicletas son para o verán. O deporte en xeral. Por iso aumentan os deportistas estivais fronte ós invernais, e por iso o próximo fin de semana é o Trofeo Emma Cuervo, e por iso está xa dispoñible o apuntarse para a carreira de Santa…
-
Aldara e fotos
Onte levei unha sorpresa no teatro. Coido que non vin nunca nunha sesión teatral o Hernán Naval tan cheo. A obra, unha primavera para Aldara, que viña precedida dunha boa crítica, non defraudou, e o televisivo plantel de actrices e actores acolleu espectadores de case tódalas idades, dende 13 anos en diante. O argumento, baseado…
-
Oportunidades
Onte mesmo apuntáballe a un representante do concello da conveniencia, ó meu ver, da existencia de guías no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares fóra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as…
-
Dun lugar e doutro
Chegou a primavera, como o manifestan os xardíns ribadenses, como este beireando Santa Clara. Esta fin de semana tamén o manifestou a chegada de máis visitantes que moitos dos domingos pasados. A estación non entra oficialmente ata a próxima fin de semana, pero meteorolóxicamente xa está aquí. E con ela, por ista vez, un pleno.…
-
O antroido do futuro
Na procura dalgún escrito vello, e como un a parte das outras entradas, aquí queda o pregón do antroido 97, leído por min o pasado día 7 de febreiro de 1997 na sá de festas Rosa-Lar de Ribadeo… ¡boa lectura! “O antroido do futuro” Boas tardes. “Actuar é un luxo que permite mostra-los sentimentos que…
-
Entre as curtas on/off e a visita do Presidente de Portos de Galicia
Onte comezou a proxección de curtas on/off 2008 en varios lugares de Ribadeo. Deixo o programa escaneado á beira. Por certo, ó cine concerto experimentei onte que lle falta afinación técnica de son para poder competir co concerto de cine da banda, a pesares de que a película non estaba mal: o retumbe no cantón…
